Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
PROVINCIAL A CORUÑA DE PAXARILES
Os mellores paxaros cantores en Río Seco
12/05/2021

XXIV Campionato Provincial de A Coruña de Paxariles

O pasado 9 de maio disputouse no Campo de Fútbol Río Seco de Narón, unha edición máis da fase provincial de A Coruña de Paxariles que contou coa organización da Federación Galega de Caza en A Coruña e coa colaboración da Sociedade Ornitolóxica de A Faisca. 

A maña transcorreu sen imprevistos e os diferentes paxaros cantores, un total de 82 divididos nas diferentes plumas, foron emitindo os seus cantos.

Rematada a proba a clasificación final nas diferentes categorías resultou como segue a continuación:

Na categoría de Liñaceiro o campión foi Dionisio Ares Babarro cun total de 32 puntos. José Luis López Ferreiro obtiña o segundo e terceiro posto con 15 e 10 puntos.

En Xílgaro, o primeiro posto era tamén para José Luis López Ferreiro con 83 puntos. E con 75 e 52 puntos a prata e o bronce era para Mª Aurora Río Pico.

En Verderolo o título de campión era para Juan Manuel Souto Rico con 17 puntos. E Pedro Fernández Jiménez obtiña os seguintes dous postos con 13 e 11 puntos.

Miguel Ángel Ares Ares en Mixto de Liñaceiro facíase co primeiro e segundo posto da clasificación xeral con 45 e 10 puntos. O bronce era para Dionisio Ares Babarro con 1 punto.

Na categoría de Mixto de Xílgaro o campión era Juan Antonio Veiga Sánchez con 96 puntos. Fernando Nicasio García Castro acadaba o subcampionato con 84 puntos. Con 80 puntos e en terceira posición remataba Luis Roiz Rodríguez.

E xa para rematar, en Mixto de Verderolo o campión era Jacobo Romero Gómez con 9 puntos e o subcampión Pedro Fernández Jiménez con 3 puntos. Mª Ángeles Pérez Arcos acadaba o bronce con 2 puntos. 

Este Campionato Provincial contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAZA MENOR
04/11/2024
Alfonso García coa setter “Jara” proclamouse Campión Galego de Caza Menor en Portomarín

CAMPIONATO XUNTA GALICIA CAZA MENOR
30/10/2024
Clasificados para o Autonómico de Caza Menor con Can

CAMPIONATO XUNTA GALICIA CETRARÍA
29/10/2024
Os mellores cetreiros na Terra Chá

PROVINCIAL PONTEVEDRA CAZA MENOR
29/10/2024
Ramón Carballido con “Mouro” gañador do provincial pontevedrés de caza menor


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza