Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
RASTRO SOBRE LEBRE
O lote propiedade de Jose Javier Suárez resultou campión da I proba de lebre desputada en Mazaricos e Carnota
10/05/2021

I Proba de Cans de Rastro sobre Lebre

O pasado domingo 9 de maio chegaba unha cita moi agardada para os apaixoados dos cans de rastro. Nesta ocasión para os cans de rastro sobre lebre que gracias aos enormes esforzos da Federación Galega de Caza de A Coruña foi quen de levar a cabo esta primeira edición que, debido ao éxito acadado, seguramente será a primeira de moitas probas deste tipo.

Todo isto foi posible á colaboración esencial dos acoutados das sociedades de caza Halcón de Mazaricos e Cinexética Carnotana que puxeron á disposición os seus terreos para que os 13 participantes e 71 cans desfrutasen dunha gran xornada cinexético deportiva.

Foi o cazador Jose Javier Suárez Rama o que co seu lote composto por “Marco”, “Oda”, “Sarela”, “Otto”, “Pouso” e “Madame” obtiña o primeiro posto da clasificación xeral con 140 puntos. Mostra do éxito acadado por esta proba destacamos a presencia da cazadora asturiana Nerea Álvarez Váquez que cos seus cans de nome “Selva”, “Perla”, “Mora” e “Sola” obtiña o segundo posto con 130 puntos. O bronce foi para o lote propiedade de Diego Gay Varela e conformado por “Acelerado”, “Cora”, “Chocolate”, “Estopa”, “Chispa” e “Flecha” e 123,3 puntos.

A cadela “Sarela” do campión Suárez Rama foi galardoada co premio ao mellor can con 147 puntos.

Esta proba contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e coa colaboración de Solognac.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAMPIONATO XUNTA GALICIA ARCEAS
16/12/2024
O Autonómico de Caza de Arceas decidirase en Antas de Ulla

PROVINCIAL PONTEVEDRA ARCEA
16/12/2024
José Antonio Vasconcellos con “Azor” proclamouse campión provincial na Lama

PROVINCIAL LUGO CAZA ARCEAS
25/11/2024
Manuel Rodríguez coa setter “Huma do Yelsar” gañador en O Corgo

CAZA MENOR
04/11/2024
Alfonso García coa setter “Jara” proclamouse Campión Galego de Caza Menor en Portomarín


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza