Campionato Provincial de Ourense de Cans de Rastro Atraelados sobre Xabaril – II Copa Deputación de Ourense
Coa colaboración da Sociedade de Cazadores “Allariz Penamá” o pasado 8 de maio desputábase o Campionato Provincial de Ourense de Cans de Rastro Atraelados modalidade Xabaril – II Copa Deputación de Ourense baixo a organización da Federación Galega de Caza en Ourense.
Unha proba que estivo xuzgada por Emilio Vila Torreira e contou coa participación dun total de 19 monteiros que presentaron 25 cans para a destreza do rastrexo.
O campión da proba era o monteiro José Rodríguez Domínguez co seu can de nome “Rinder” obtendo un total de 212 puntos. O can mestizo de nome “Diesel” conducido por Antonio Sánchez Sesto foi o subcampión con 203 puntos. Salvador Sestelo Nuñez era o terceiro clasificado coa cadela “Beba” e 202 puntos. O cuarto posto e o novo campión provincial era José Manuel Barreiro Rivadas con “Brisa” e un total de 198 puntos.
A selección provincial quedou composta polos seguintes monteiros: José Manuel Barreiro, Álvaro Fontenla, Adrián Gonzalez, Daniel Prol e José Santiago Tarrio.
Este campionato rovincial contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport, Arion, Proyecta Galicia e coa colaboración da Deputación de Ourense.