Unha vez publicada a Orde Vedas que determina todo o ordeamento da vindeira tempada cinexética, estes son algúns dos apuntamentos de interese:
- Tempada xeral: Do 17 de outubro de 2021 ao 6 de xaneiro de 2022.
- Arcea e agacha: Durante a tempada xeral e tamén poderá estar habilitada a súa caza ata o 13 de febreiro de 2022.
- Lebre: Dende o 17 de outubro ata o 28 de novembro de 2021.
- Raposo: Durante a tempada xeral e tamén en batida durante o 1 de setembro ao 16 de outubro de 2021 e do 7 de xaneiro a 13 de febreiro de 2022.
- Corzo: machos en batida dende o 22/08/21 ao 16/10/21. Femias de corzo manteñen as mesmas condicións cinexéticas que no exercicio anterior. Corzas en batida dende 04/09/21 ao 16/10/21 ou no periodo entre o 07/01/22 ao 19/02/22
- Xabaril: Do 21 de agosto de 2021 ata o 27 de febreiro.
Para consultar a Orde de Vedas detallada consulte o apartado de “Resolución de Vedas” desta mesma web: www.federaciongalegadecaza.com