Campionato Federación da Coruña de Cans de Parada modalidade Caza Práctica
O pasado 4 de abril nos terreos do Tecor de Frades desputábase unha nova edición do Campionato Federación da Coruña de Cans de Parada modalidade Caza Práctica. Todo elo baixo a organización da Federación Galega de Caza en Coruña e coa colaboración da Sociedade de Caza de Frades.
Unha proba con destacada participación e celebrada baixo a estricta aplicación do Protocolo Fisiocovid-19. Na mesma interviron un total de 37 cans, dos cales 30 correspondían a razas británicas e 7 a continentais.
O Xurado de Competición estivo integrado por José María Álvarez Villar e Miguel Cambeiro Blanco, sendo o Director da mesma Antonio Del Río Viqueira e os xuíces Jorge Amado, José Manuel Pallas, Jesús Blanco e José Ángel Seco, e Miguel Montoiro como aspirante a xuíz.
Ao remate da proba, en Razas Británicas, temos que destacar o percorrido realizado por dous cans, nesta ocasión “Swaiper de Piago” e “Azor da Brisa da Ría”. O setter inglés “Swaiper de Piago” propiedade de René Vale acadou unha calificación de 1º EXC e o setter inglés “Azor da Brisa da Ría” propiedade de Eloy Rodríguez un 2º EXC. O pointer femia “Chispa” de Fernando Manso obtivo un 3º MB.
As Razas Continentais non obtiveron calificación.
A entrega de premios e una destacada deportividade puxeron o remate a este campionato desputado en Frades (A Coruña).