A Xunta de Galicia publicou o Decreto 8/2021 con novas medidas moi restritivas para facer fronte á grave crise sanitaria COVID. O propio Decreto establece a excepción para poder cazar o xabaril.
Dende a Federación queremos recordarlle a todos os cazadores o noso compromiso co Medio Rural e con toda a sociedade. Por elo, debemos cazar para cumprir os cupos e evitar danos, pero debemos facelo seguindo o protocolo FISICOVID (máscaras, manter as distancias, etc.) cumprindo todas as normas sanitarias.
O Decreto non é en absoluto unha “patente de corso” para que os cazadores nos saltemos a lei, todo o contrario, é a base legal para que poidamos practicar a caza, pero debemos facelo de forma responsable e mantendo as medidas de seguridade e sen poñernos nin poñer en risco as nosas familias e amigos. É o momento de amosarnos ante toda a sociedade como somos… prudentes e respectuosos.
Boa caza e recordade que é vital e moi importante manter todas as medidas de seguridade.