A pasada fin de semana recibíamos a triste noticia do falecemento de Luis Macías, un dos altofalantes que con máis ainco defendeu o nobre arte da caza e da pesca, tanto a nivel internacional, nacional e sobretodo en cada recuncho da nosa comunidade.
Fixo chegar a tódolos puntos da xeografía galega todo o que acontecía coa actividade cinexética, dando a coñecer todos os seus entresixos e transmitindoa dun xeito que so él sabía facer.
Foi, dende os primeiros pasos da Federación Galega de Caza, ata o día de hoxe, unha peza clave para esta entidade, aportanto o seu grao de area para que dita Federación fose coñecida e recoñecida alí onde el chegou. Levou a caza e a Federación por bandeira, sendo xornalista nos principais medios de comunicación tanto visuais, radiofónicos ou escritos.
Ese sorriso e esa picardía de Macías serán moi difíciles de esquencer... Descansa en paz amigo.