Nas vindeiras semanas a Federación Galega de Caza da a apertura ao seu Campus Virtual (EscolaDeCaza.gal) coa realización da 3ª convocatoria do Curso de Formación de Responsables de Sociedades de Caza e a 1ª edición online sobre a Prevención da Siniestralidade e Seguridade na Práctica Cinexética.
Un campus virtual que adquire nesta edición unha maior relevancia e interese, o seu formato online garante a seguridade fronte a Covid-19 ao mesmo tempo que facilita e da comodida ao alumno que desexe participar, non véndose limitado polos horarios ou os desprazamentos.
Ditos cursos van dirixidos a representantes e directivos de sociedades de caza, cazadores ou responsables de cazarías, cunha duración dun mes para a realización dos mesmos e estando dispoñibles na plataforma virtual da Escola de Caza dende o día 1 ao 30 de outubro. A avaliación realizarase entre os días 24 e 30 de outubro.
A temática dos cursos poderase consultar na web www.escoladecaza.com e os alumnos inscritos recibirán diverso material de seguridade na caza, asi como o correspondente Diploma acreditativo se superan a avaliación dos mesmos.
Lembra que a matrícula é totalmente gratuíta e a data límite para cursala é ata o vindeiro 15 de setembro, descarga o boletín de inscrición e envíao a escola@federaciongalegadecaza.com. A que agardas? Fai a tua inscrición e entra nun sorteo de obsequios federativos... Cazador formado! Cazador seguro!