Mutuasport segue avanzando e lanza unha ambiciosa campaña de comunicación para dar a coñecer todas as tarefas que leva a cabo no sector cinexético.
Dende que se creou no ano 1971, dedicou todos os seus esforzos en protexer aos cazadores mentras practican a actividade venatoria. É a única mutua creada por e para os cazadores solventando as súas necesidades, especialmente cando ten un accidente durante a actividade cinexética.
A Mutua como entidade aseguradora, ten como obxetivo principal, dar cobertura reparadora ao cazador cando sofre persoalmente ou causa un accidente de caza, atendendo e resolvendo os seus sinistros.
Pero Mutuasport vai máis alo e abre novas canles de comunicación para que os seus mutualistas coñezan todas as tarefas que llevan a cabo, ademáis da actividade aseguradora. Ao ser unha mutua, non ten accionistas, polo que todo o beneficio repercute e reverte en protexer, defender e loitar pola actividade cinexética. Esos canles son:
- Prevención: Lanzando campañas de comunicación como #StopAccidentesDeCaza para reducir os accidentes e que así tamen se reduza a siniestralidade no sector da caza. Ademáis, comparte artigos de prevención e seguridade a través das Federacións Autonómicas de caza en coloquios, feiras, eventos, etc.
- Defensa da caza: Colaborando coas Federacións Autonómicas de caza en todos os estudos científicos e proxectos con Universidades e Fundacións para a boa xestión da biodiversidade.
- Formación do cazador: Impartindo cursos de seguridade e patrocinando cursos de interés cinexético xunto ás Federacións Autonómicas de
- Campañas de Comunicación: Xunto aos medios de comunicación especializados na actividade cinexética lanzando cortometraxes de prevención e en defensa da caza como #StopAccidentesdeCaza e #LaVerdadDeLosPerrosDeCaza .
Non existe compañía de seguros máis involucrada na actividade cinexética xa que ao ser creada polos cazadores, sabe moi ben as verdadeiras necesidades do cazador. E si todo isto segue sendo posible é gracias ao cazador mutualista/federado que coa súa participación aporta o seu grao area para a loita e segue loitando nos duros momentos que está atravesando o sector cinexético.
Deste modo, Mutuasport quere deixar constancia coa campaña, a necesaria unión de todos os cazadores para seguir traballando nesta dirección que non é outra que poder desfrutar das nosas xornadas de caza sen ter que preocuparnos por nada.
Mutuasport, ademáis de ser a Mutua dos cazadores, sempre estará pensando na protección, seguridade e integridade dos afecionados en cada unha das súas modalidades. O seu obxectivo é que os cazadores saian ao campo, seguros e tranquilos sen preocupacións, e simplemente disfruten da súa afición favorita dunha forma ética e responsable.