Os cazadores galegos, dende o primeiro momento en que esta pandemia do denominado COVID-19 comenzou a facer estragos entre a poboación, volcouse en facer chegar a súa solidaridade cos máis vulnerables.
Primeiro foi facendo unha doación á Asociación Benéfica Renacer de A Coruña, dun lote de produtos de desinfección e limpeza que solicitaran dende dita asociación xa que o precisaban con premura debido á escasez que sofrían.
En días posteriores e co apoio de persoas alleas a este colectivo, conséguese a adquisición e compra de 3.000 mascarillas quirúrxicas que lle foron doadas á Cruz Vermella en A Coruña, onde a falta de material de protección dos voluntarios e dos colectivos cos que colaboran era notable, sobre todo debido aos problemas que había para adquirir este tipo de materiais.
Tamén a Federación Galega, conxuntamente coas diferentes Federacións Autonómicas, coa Real Federación Española de Caza e Artemisan, doaron máis de 18.000 € para loitar contra o Covid-19. Dita doación enmárcase dentro da campaña de recollida de fondos para o proxecto “Cáritas ante el coronavirus” iniciada no pasado mes de marzo pola RFEC e Artemisan e que xa supera os 30.000 €.
E agora, e despois dunha iniciativa exposta por unha directiva dunha Sociedade de cazadores á Federación Galega de Caza de A Coruña e coa xestión, apoio e os recursos dispoñibles desta Federación, conseguiron recaudar preto de 11.000 Euros. Doación que será destinada para a loita contra o Covid-19 e que será entregada á Cruz Vermella en A Coruña.
Dende as Sociedades de Caza e dende a Federación invitamos a todos aqueles colectivos que día tras día nos están criminalizando pola nosa afición á caza e a naturaleza, e ás demáis asociaciacións que dunha maneira ou outra representan a algunha parte do noso colectivo, a que se unan na loita contra esta pandemia da forma que crean máis convinte e así, entre todos consigamos minimizar esta pandemia que nos cambiou a nosa forma de vida.