Xinzo de Limia acolleu o pasado, día 7 de marzo, o provincial de Ourense de caza “San Huberto” no que participaron un total de 18 especialistas dos que cabe destacar a participación do xoven cazador Lucas Otero, mellor provincial e polo tanto campión provincial; Jaime Aneiros Ardao que foi o gañador proba aberta; a José Canosa Senlle, vencedor en Spaniel Springer, e a Sita González, vencedora na categoría de mulleres.
Torneo celebrado en dous campos, nun participaban os cazadores provinciais e no outro os de participación libre. Proba que se desenvolveu nun escenario que foi moi comentado pola idoneidade do mesmo para esta disciplina, e desputado baixo a organización da Federación Galega de Caza en Ourense que contou coa valiosa colaboración da Sociedade de Caza locataria, e a que, unha vez máis, estivo a altura da competición na que, segundo os xuíces, as puntuacións foron outorgadas en consonancia co bo facer dos cazadores.
CLASIFICACIÓN XERAL
- Campión provincial Lucas Otero Álvarez, Sociedade Manzaneda, con “Brillo” (SIM) e 80 puntos.
- Campión da proba aberta, Jaime Aneiros Ardao, auxiliado por “Baco de Brisa” (PM) e 83 puntos.
- Canosa Senlle, que participou con “Thor de Forvelaz” (SSM) e González Carrodeguas, que contou coa colaboración de “Conga” (PH) acadaron 70 e 34 puntos, respectivamente.
De xuíces actuaron os titulares, José Ángel Seco e Santiago Saavedra e o xa tradicional xantar de confraternización serviu para por o broche final a un Campionato que resultou tan vistoso como competitivo e deportivo. O seu remate procedeuse a entrega de trofeos, previos discursos das autoridades federativas.