Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CETRERÍA EN A CORUÑA
Cetreiros en Boiro
29/01/2020

VI Proba aberta de Cetrería nas modalidades de baixo voo, sky trial e pequenas aves 

O pasado 18 de xaneiro desputouse no concello coruñés de Boiro a Proba aberta de Cetrería organizada pola Asociación Galega de Cetrería e a Federación Galega de Caza en A Coruña, colaborando o Concello de Boiro e a Sociedade de Caza Castelo de Vitres.

Nesta disciplina de Baixo Voo participaron un total de 19 aves repartidas en: 12 harris, 3 azores e 4 falcóns.

Baixo Voo “Azores”

O primeiro e segundo posto foi para Evaristo González Rodiño con 49 e 21 puntos. Víctor Lama González obtivo o terceiro posto con 20 puntos.

Baixo Voo “Harris”

O primeiro posto foi para Héctor Fernández Gondar con 57 puntos seguido de Víctor Lama González en segunda posición e 51 puntos. Compretou o podio José Francisco Allegue Pereiro con 50 puntos.

Baixo Voo “Falcóns”

O primeiro posto foi con 51 puntos para o cetreiro Miguel Vázquez Rúa. Seguido en segunda posición por Evaristo González Rodiño con 38 puntos. Xa con 33 puntos o bronce era para Rubén Paz Brión. 

Sky Trial

Baixo unhas condicións moi adversar se desputou a modalidade de Sky Trial na que o campión era Antonio Reza Montengro con 33 puntos. O segundo e terceiro posto era para Rogelio Domínguez Tubío con 14 e 12 puntos.

Pequenas Aves

Participaron un total de 10 aves e o posto máis alto da clasificación foi ocupado por Héctor Fernández Gondar con 62 puntos. A cetrería Laura Vázquez Trillo facíase coa prata con 61 puntos e Evaristo González Rodiño con 39 acadaba o bronce. 

 

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAMPIONATO XUNTA GALICIA ARCEAS
16/12/2024
O Autonómico de Caza de Arceas decidirase en Antas de Ulla

PROVINCIAL PONTEVEDRA ARCEA
16/12/2024
José Antonio Vasconcellos con “Azor” proclamouse campión provincial na Lama

PROVINCIAL LUGO CAZA ARCEAS
25/11/2024
Manuel Rodríguez coa setter “Huma do Yelsar” gañador en O Corgo

CAZA MENOR
04/11/2024
Alfonso García coa setter “Jara” proclamouse Campión Galego de Caza Menor en Portomarín


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza