Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
PROTOCOLO LUMES
A FGC e a Consellería de Medio Rural comenzan a executar o protocolo de colaboración contra os lumes
13/11/2019

A FGC mantiña no día de onte, 12 de novembro, unha reunión de traballo coa Consellería de Medio Rural coa premisa da posta en marcha inmediata do protocolo de colaboración ante incendios firmado no seu día polo ente federativo e a Consellería de Medio Rural.

En dita xuntanza interviu o Conselleiro de Medio Rural, José González; o Director Xeral de Montes, Tomás Fernández-Couto e pola parte da Federación Galega de Caza o seu presidente autonómico, Javier Nogueira que estivo acompañado polos presidentes provinciais máis o tesoureiro e vicepresidente federativo. 

As primeiras medidas que se acometerán, entre outros traballos de xestión, será a realización de desbroces e limpeza de pistas forestais principais e estratéxicas, así como o acondiconamento de puntos de auga.

Ante isto, a FGC informa ás Sociedades de Caza de que no caso de desexar acometer algunhas destas accións preventivas ante os lumes nos seus terreos cinexéticos se dirixan as sedes das delegacións provinciais e central da FGC ou a través do email.: federacion@federaciongalegadecaza.com antes do día 25 deste mes de novembro.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

RULA
05/03/2025
Europa confirma que España cumpre os requisitos para cazar a rula de forma sostible na tempada 2025/26

MANIFESTO XUNTA GALICIA
02/03/2025
Manifesto institucional da Xunta de Galicia en contra da violencia no Deporte

OBSERVATORIO CINEXÉTICO
26/02/2025
Cazador e tempo de traballar pola caza! súmate á campaña de censos do Observatorio Cinexético

FORMACIÓN
24/02/2025
Xornada de Cans de Caza


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza