Terras da Sociedade de Caza de Xinzo de Limia volveron a acoller o pasado 26 de outubro unha proba oficial, que se responsabilizou de organizar a Federación Galega de Caza en Ourense en colaboración coa sociedade locataria que cedeu de xeito altruísta o esceario competitivo. Tratábase do Campionato Provincial de Caza Menor con Can no que tomaron parte os mellores cazadores ourensáns da especialidade e que gozaron de cinco horas (de 9 a 2) de actividade venatoria.
Unha xornada da que podía decirse que tódolos factores positivos uníronse para que o evento resultase do máis expléndido que un poida imaxinarse, o que nos obriga a falar dun excelente esceario, dunha magnifica climatología, dunha estupenda organización, dun ambiente e deportividade admirable, e duns resultados formidables para os tempos que corren, capturándose en total: 13 pezas (6 paspallás, 4 perdices e 3 agachadizas), que se ben a simple vista poden paracer poucas, a densidade de caza queda reflexada nesa trintena de levantes que fixeron os concursantes e que por diferentes causas non foron cazadas.
CLASIFICACIÓN
- 1º e campión, Jaime Pintos Dávila (Vilar de Barrio), con 800 puntos, (2 paspallás e 3 agachadizas). Participou con “Hidra”.
- 2º e subcampión, Bruno Criez Rivero (Carreiro Ladrón), con 550 puntos (1 perdiz) Axudouse con “Tiza”.
- 3º, José Carlos Otero Pérez (Pena Maior) con 550 puntos. A sua compañeira foi “Luna da lobada”.
- 4º, Santiago Álvarez Domínguez (Trives), tamén con 1 perdiz e 550 puntos. Cazou coa cadela “Linda”.
- 5º, Joge Vázquez Iglésias (Caldelas), con 1 perdiz e 550 puntos. Tivo de axudante a “Enxa”
Todos participaron con cadelas de raza setter inglés e os cinco primeiros representarán a provincia de Ourense na fase final autonómica.
Como ven sendo habitual, concluida a competición celebrouse o tradicional xantar de confraternización e de clausura do evento ó que asistiron os directores do Campionato, Manuel Feijoo e José Castro, así como a plana maior da Sociedade de Caza, sobresaindo a presenza do Presidente, David Pérez e da Secretaria, Uxía Portela. Un acto protocolario no que non faltaron nin os discursos nun clima acolledor e cordial.