Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CAMPIONATO DE CAZA MENOR ADAPTADO
O galego Artemio Formoso gañador do primeiro Campionato de España de Caza Menor con Can para Cazadores Adaptados
14/10/2019

Artemio Formoso gañou o pasado sábado 12 de outubro, a primeira edición do Campionato de España de Caza Menor con Can para Cazadores Adaptados, que tivo lugar en Villarejo de Salvanés, Madrid, organizada pola Real Federación Española de Caza coa colaboración da Federación Madrileña de Caza, o concello de Villarejo de Salvanés e a Sociedade de Cazadores de dito concello, e que contou coa participación de once cazadores adaptados.

O disparo de saida que deu comenzo a esta proba realizouno o actual campión de España de Caza Menor con Con, Fernando del Campo.

Artemio acadou un total de 2.150 puntos ao abatir 3 perdices e 2 coellos, superando o  extremeño Gonzalo Hernández, que con 3 perdices e 1 coello quedou en segundo lugar, seguido de Igor Alkorta, do País Vasco, que remataba con 2 perdices e 2 coellos.

Clasificación

1.- Artemio Formoso, de Galicia, 2.150 puntos

2.- Gonzalo Hernández, de Extremadura, 1.900 puntos.

3.- Igor Alkorta, do País Vasco, 1.600 puntos.

4.- Iván Laguia, de Castela A Mancha, 1.550 puntos. 

5.- David Larrondo, de Navarra, 1.000 puntos.

6.- José Luis Lara, de Navarra, 800 puntos.

7.- Pablo Carral, de Cantabria, 500 puntos.

8.- José Cañada, de Castela A Mancha, 250 puntos.

9.- Jose R. Unzurruntaga, do País Vasco, 250 puntos.

10.- David Gregorio Martínez, da Comunidade Valenciana, 0 puntos.

11.- Iosu Egaña, do País Vasco, 0 puntos.

O I Campeonato de España de Caza Menor con Can para Cazadores Adaptados estivo patrocinado por Nissan Navara, Avis, Hart, Beretta, Mutuasport, Cinegética, Olivos Solidarios, LaLiga4Sports, Beretta, Río, GB, Saga y Consejo Superior de Deportes.

 

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

AUTONÓMICO FIELD TARGET
15/07/2024
Os mellores tiradores de Field Target desputaron o Autonómico en As Pontes

PROBA COPA GALICIA RASTRO XABARIL
10/07/2024
Julio Ferradás con “Copi” gañadores en A Lama

SAN HUBERTO MANUEL REBORDELO
10/07/2024
Edelmiro Leira con “Nilo” gañadores nas Pontes

CAMPIONATO ESPAÑA RASTRO XABARIL
01/07/2024
Antonio Sánchez con “Chico” campións de España de Rastro de Xabaril


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza