Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
DANOS XABARIL
Comunicado da FGC ante a situación de emerxencia cinexética adoptada pola Xunta de Galicia
02/10/2019

Ante as declaracións realizadas nos medios de comunicación pola Directora Xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, a Federación Galega de Caza con este comunicado quere informar ós cazadores e ás sociedades de caza así como valorar as diferentes medidas que poñerá en marcha a Consellería de Medio Ambiente para paliar os danos producidos polo xabaril nas colleitas e nas estradas e reducir a presenza nas cidades.

A FGC quere ter cautela ante ditas declaracións realizadas pola Directora Xeral, agardando á publicación oficial de ditas medidas e así poder analizar polo miudo e coñecer o alcance, efectividade e repercusión das mesmas para cazadores e sociedades de caza. 

A entidade federativa lembra que dita situación de emerxencia cinexética afecta, exclusivamente, a 33 concellos de Galicia, concretamente a 77 dos 454 Tecores existentes na nosa comunidade, e que ditas medidas teñen un caracter temporal. 

Dende a Federación de Caza sempre se mantivo e manterá unha estreita colaboración cos gandeiros e labregos para mitigar, na medida do posible, os danos e perdas económicas que poidan sofrer nas colleitas e tamén nas estradas galegas. Ao mesmo tempo a FGC é consciente do incremento, nos derradeiros anos, dos danos en cultivos en ditos concellos galegos e é sabedora de que a caza é a ferramenta máis efectiva para reducir ditas perdas. 

A Federación Galega de Caza aposta por unha solución a nivel nacional o mesmo tempo que quere potenciar as medidas preventivas e por en marcha, dunha vez, o Fondo de Corresponsabilidade previsto na Ley de Caza 2013. Os cazadores non deben de ser os únicos responsables desta situación xa que é un problema social e supracinexético.

A FGC acolleu de bo grado determinadas medidas tomadas pola Xunta de Galicia e popostas pola FGC no seu día, como por exemplo a axilización dos trámites administrativos para a solicitude de batidas e agardos e a caza do xabaril en zonas vedadas. A Federación agardará a efectividade destas novas medidas propostas pola Consellería de Medio Ambiente lembrando ás Sociedades de Caza que son elas as que teñen a autonomía para empregar estas novas medidas de control do xabaril para incrementar a efectividade e reducir a problemática.

 
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

ASEMBLEA XERAL - CURSOS FORMACIÓN
02/12/2024
Unanimidade nos acordos da Asemblea Xeral e entrega dos Diplomas dos Cursos de Formación

MUTUASPORT - ARTEMISAN - RFEC
29/11/2024
Os cazadores federados invirten na defensa da caza e conservación das aves migratorias

AFECTADOS DANA
11/11/2024
Os cazadores españois doan 24.000€ aos afectados pola DANA

PROXECTO ARCEA
21/10/2024
Gran aportación dos cazadores galegos para o censo das arceas


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza