Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CARA DE CAN
Francisco Bautista con “Rambo” gañador na Cañiza do “Cara de can”
30/09/2019

O cazador Francisco G. Bautista Bugarín, co can “Rambo”, logrou a vitoria no X Campionato pontevedrés de Rastro de Coello na especialidade “Cara de Can”, en proba que organizou a Federación Galega de Caza de Pontevedra en colaboración coa Sociedade de Caza de A Cañiza e que se viu deslucida polas adversidades meteorolóxicas (orballo e mesta néboa), que se deron nos montes da Paradanta.

En total participaron 18 deportistas e outros tantos cans que se atoparon cunhos rastros moi duros por esa desfavorable climatoloxía mencionada anteriormente.

O programa comezaba a primeira hora da mañá (7:30 h) coa recepción de participantes nun restaurante de A Cañiza, para media hora despois darse o pistoletazo de inicio á competición. Concluíndo pouco despois das 14:00. Tempo no que se levantaron media ducia de coellos.

A proba estivo dirixida polo vogal da FGC de Pontevedra, Rubén Saavedra e arbitrada polos titulares: Juan  Ángel Alonso, Víctor Casqueiro e Honorato Couñago. Como auxiliar estivo Javier Nogueira Diz e de guía o nativo Iván Moure. Cada participante dispuxo dunha hora de exercicio e estes foron os cadelos máis sobresaíntes da contenda canina:

CLASIFICACIÓN:

1º e campión, “Rambo”, de Francisco G. Bautista Bugarín.

2º e subcampión, “Lupo”,  de Juan Carlos López Carballa

3º, “Diana”, de Alejandro Pousa Carrera.

Rematada a competición e coñecidos os froitos logrados por cada participante, levouse a cabo o tradicional xantar de confraternidade, a proclamación dos gañadores e a clausura do torneo. Acto o que asistiron os directivos da Sociedade de Caza locataria e da FGC de Pontevedra co seu presidente, Paco Couselo o fronte. Estando presidida a Mesa de Honor polo presidente da FGC, Javier Nogueira.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAMPIONATO XUNTA GALICIA ARCEAS
16/12/2024
O Autonómico de Caza de Arceas decidirase en Antas de Ulla

PROVINCIAL PONTEVEDRA ARCEA
16/12/2024
José Antonio Vasconcellos con “Azor” proclamouse campión provincial na Lama

PROVINCIAL LUGO CAZA ARCEAS
25/11/2024
Manuel Rodríguez coa setter “Huma do Yelsar” gañador en O Corgo

CAZA MENOR
04/11/2024
Alfonso García coa setter “Jara” proclamouse Campión Galego de Caza Menor en Portomarín


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza