Un total de 92 asistentes estiveron presentes no Curso de Seguridade e Formación celebrado o pasado venres 27 de setembro en Cee e baixo a organización da Federación Galega de Caza.
Este Curso de Seguridade foi o penúltimo que a Federación Galega de Caza vai a realizar neste ano 2019, quedando por celebrar o Curso da provincia de Lugo o vindeiro 18 de outubro. Lembrar que xa se realizaron os cursos de Ourense (A Rúa), Pontevedra (Mos) e A Coruña (Melide – Cee).
Novamente interviron os seguintes relatores:Darío Andrade Expósito, cazador e Técnico de Caza da Subdirección Xeral de Biodiversidade e Recursos Cinexéticos e Piscícolas; María Teresa González Justo, Avogada, Asesora Xurídica da FGC e experta en lexislación cinexética e deportiva; Javier Nogueira Diz, cazador, presidente da FGC e Conselleiro de Mutuasport; e por último Carlos Sánchez Pontón, Xornalista.
De moi participativo podemos definir este Curso de Seguridade celebrado na Casa da Cultura do concello coruñés de Cee, no que o presidente provincial da FGC en A Coruña, José María Álvarez Villar foi o coordinador do mesmo e no que cazadores e directivos de sociedades de caza interactuaron cos ponentes para aclarar e resolver dúbidas do eido cinexético.
Tanto en Cee como nos anteriores cursos celebrados, os asistentes destacaron positivamente o formato e enfoque visual, coa proxección de videos, desta edición 2019 de Cursos de Formación da FGC.