Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CANS DE RASTRO SOBRE LEBRE
O cántabro Damián Gómez gañador da I Proba sobre Lebre celebrada no Tecor Terra Chá
10/09/2019

I Proba de Cans de Rastro sobre Lebre

O pasado domingo 8 de setembro tiña lugar unha cita única para os amantes dos cans de rastro. Novamente o Tecor Terra Chá era o esceario da I Probra de Cans de Rastro sobre Lebre no que participaban un total de 9 lotes de cans cos seus respectivos conductores.

Novamente unha extraordinaria organización por parte da directiva do Tecor Terra Chá, encabezada polo seu directivo de competicións José Gutiérrez Falcón, “Josito”, fixo posible, xunto coa colaboración da FGC de Lugo, a celebración desta proba pioneira de cans de rastro sobre lebre.

Un gran traballo previo a celebración da proba fixeron que os participantes, chegados de Cantabria, Asturias e Galicia, desfrutasen dunha intensa xornada de rastro no que uns máis que axeitados terreos e unha moi boa densidade de lebres permitiu ver prestacións de enorme calidade, facendo rastro, desencame e persecución das lebres a maioría dos lotes presentados.

Esta proba non so foi competición, tamén foi un fluxo de información e coñecementos por parte do equipo de xuíces. Xuíces galegos e xuíces cántabros, estes últimos con mais experiencia na celebración destas probas sobre lebre, intercambiaron coñecementos e resolveron dúbidas a hora de valorar esta modalidade.

Foi o lote propiedade do cántabro Damián Gómez Cobo con 120 puntos o que acadaba a primeira posición. E da man do lucense, José Pardo Millor do Tecor Terra Chá, o subcampionato quedaba na casa con 115 puntos. Con 110 puntos o bronce era para a asturiana Nerea Álvarez Váquez que tamén obtiña o galardón de Mellor Can da Proba coa cadela “Selva”. O cuarto clasificado era o tamén cántabro Juan José Gómez España con 105 puntos.

Xantar, clausura e entrega de premios puxeron o colofón a esta destacada proba que deixou moi bo sabor de boca a participantes, público e organización. A bo seguro que esta edición foi o primeiro paso e posta a punto para unha segunda edición que chegará con maior forza no 2020.

 
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAMPIONATO XUNTA GALICIA ARCEAS
16/12/2024
O Autonómico de Caza de Arceas decidirase en Antas de Ulla

PROVINCIAL PONTEVEDRA ARCEA
16/12/2024
José Antonio Vasconcellos con “Azor” proclamouse campión provincial na Lama

PROVINCIAL LUGO CAZA ARCEAS
25/11/2024
Manuel Rodríguez coa setter “Huma do Yelsar” gañador en O Corgo

CAZA MENOR
04/11/2024
Alfonso García coa setter “Jara” proclamouse Campión Galego de Caza Menor en Portomarín


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza