Campionato de Percorridos de Caza Memorial José e Manuel Cea Seoane
O pasado 7 de setembro desputouse no Campo de Tiro Río Sar, unha cita xa consolidada dentro da modalidade de Percorridos de Caza en Galicia, o Memorial José e Manuel Cea Seoane desputado a 100 pratos en 2 líneas de tiro e con 36 máquinas automáticas. Todo elo organizado pola Sociedade Deportiva Río Sar.
Á proba acudiron máis de medio cento de tiradores chegados das catro provincias galegas que desfrutaron dunha intensa xornada de disparos e pratos.
Rematada a competición, foi o tirador Artemio Formoso Barro o que acadaba o primeiro posto da clasificación Xeral ao escachar un total de 87 pratos. A segunda posición era para Antonio Iglesias Otero que remataba con 85 pratos. O terceiro caixón do podio, tamén con 85 pratos, foi ocupado polo tirador Antonio Fernández Román.
Na categoría de Veteranos o campión foi o tirador Eliseo Faraldo Fernández con 72 pratos escachados. Ángel Vidal Quintela e José Antonio Pérez Doval acadaban o segundo e terceiro posto con 70 e 68 pratos, respectivamente.
Na categoría Junior o gañador era Julio Fernández con 72 pratos e en Senior impoñíase Luis Hidalgo con 69 pratos.
Na categoría Máster o gañador era Luís Salmerón Madera con 60 pratos. E con 67 pratos, Jesús García Salgado, era o mellor en Iniciados.
Rematada a competición e durante a entrega de premios, a Sociedade Deportiva Río Sar quixo facer unha mención especial as casas e entidades patrocinadoras así como un agradecemento especial aos árbitros da competición.