Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
GALEGO DE ARCO
Os mellores arqueiros galegos
26/08/2019

XX Campionato Galego de Percorridos de Caza con Arco e Caza con Arco o Voo

O pasado 25 de agosto desputouse en Candán - Soutomaior (Pontevedra) o Campionato Galego de Percorridos de Caza con Arco e o Campionato Galego de Caza con Arco ao Voo organizado pola Federación Galega de Caza e contando coa colaboración do Clube Cazarco.

No autonómico de Percorridos de Caza con Arco participaron un bo número de arqueiros chegados dende diferentes lugares da xeografía galega, e tamén da veciña Castela e León, desfruntando dunha extraordinaria xornada para os apaixoados dos arcos e as frechas.

Un total de 6 propostas diversas e sobre siluetas 3D fixeron as delicias dos arqueiros ao mesmo tempo que mostraban a pericia no manexo dos arcos.

Na categoría de Arco Asistido o primeiro posto da clasificación foi para o pontevedrés Jaime Villaverde Balado quen se converteu no novo Campión Galego da especialidade con 39 puntos. En segunda posición, con 24 puntos, situouse Rafael Ángel Nieto. E xa na terceira posición clasificouse Miguel Caruncho Campanario con 21 puntos.

Na categoría de Damas Asistido foi Dolores Bugarín Codeseda a que se convertía na nova Campiona Galega con 42 puntos. Seguiuna a pontevedresa Marina Oliveira Amoedo en segunda posición con 31 puntos. Compretou o podio a arqueira Mari Carmen Novoa Varela con 29 puntos.

En Arco Tradicional o primeiro posto do Campionato Galego foi para Lee Ransdale con 34 puntos seguido de José García Gómez en segunda posición con 29 puntos. O bronce era para Abel López Lepiani con 23 puntos.

José Caruncho Villalba convertíase no Campión Galego na categoría de Juniors con 25 puntos. O arqueiro Ismael Figueroa Vilaboa e Rebeca Villaverde Bugarín, ocuparon a segunda e terceira posición respectivamente da categoría con 14 e 11 puntos. 

Desputado o Campionato de Percorridos de Caza con Arco, tiña lugar a continuación, o Campionato Galego de Caza con Arco ao Voo no que participaron un total de 7 equipos.

A proba desenrolouse sobre paspallás sementado e a pericia dos arqueiros fixo vibrar ao público alí presente.

Foi o equipo pontevedrés conformado polos arqueiros Jaime Villaverde e Pedro Martínez os que co seu can “Sil” conseguiron o título de Campións Galegos da especialidade. En segunda posición situouse o equipo formado por Rafael Ángel e Antonio Lorenzo co seu can de nome “Dora”. Jacobo Santoro e Marina Oliveira coa cadela “Pepa” situarónse na terceira posición.

 
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAMPIONATO XUNTA GALICIA ARCEAS
16/12/2024
O Autonómico de Caza de Arceas decidirase en Antas de Ulla

PROVINCIAL PONTEVEDRA ARCEA
16/12/2024
José Antonio Vasconcellos con “Azor” proclamouse campión provincial na Lama

PROVINCIAL LUGO CAZA ARCEAS
25/11/2024
Manuel Rodríguez coa setter “Huma do Yelsar” gañador en O Corgo

CAZA MENOR
04/11/2024
Alfonso García coa setter “Jara” proclamouse Campión Galego de Caza Menor en Portomarín


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza