Proba Puntuable para a Copa Galicia da especialidade
Cunha boa participación de cans e monteiros, o pasado 27 de xullo tiña lugar a primeira proba Puntuable da Copa Galicia de Cans de Rastro Atraelados sobre Xabairil da vindeira tempada. Nesta ocasión o Mesón do Vento (Ordes – A Coruña) acollía este campionato organizado pola Sociedade de Caza “O Gatillo” en colaboración coa Organización da Exposición de Cans de Caza de Mesón do Vento e a Federación Galega de Caza en A Coruña.
Os monteiros achegábanse os terreos do Tecor San Pedro de Ardemil para competir nesta proba na que a choiva fixo acto de presencia ainda que isto non foi un impedimiento para os cans participantes, todos eles especialistas no rastrexo do suido.
Foi o participante lucense, e actual campión de España da modalidade, Michael Otero o que con “Camarón” obtiña o primeiro posto con 225 puntos. A prata era para Adolgo Vázquez con “Samba” e 209,5 puntos namentras que Antonio Sánchez e o seu can de nome “Kini” obtiñan o bronce cun total de 206 puntos.