O sábado día 6 de xullo tivo lugar en Baltar (Ourense) a segunda edición da Proba de Rastro de Xabaril Salvaxe na cal destacaron os cans pola calidade e nivel das prestacións apesares da dificultade debido a calor e a antigüidade do rastro.
Todo comenzaba ás 9,30 horas, con varias baixas de última hora, e sobre rastros que en principio descartara a organización pola súa dureza o ser das primeiras horas da noite. Pero grazas o nivel amosado polo binomio can cazador, fixeron o deleite dos que alí estaban. É de destacar que nesta proba participaron moitos monteiros da proba do provincial sobre xabaril manso, e non lles importa cal sexa o rastro a seguir, eles fixérono con gran nivel en ambas modalidades.
O resultado desta proba, que é individual ao can, e na que non hai orde de clasificación destacamos as seguintes valoración:
Participante Perro Valoración
Juan Fernández Vecino --------- Uler de Soñar ----------- Excelente ( 165)
Juan Fernández Vecino --------- Zulu de Soñar ----------- Excelente (159)
Salvador Núñez Sestelo ---------Vikingo ------------------ Excelente (153)
Manuel Fernández Vecino ------ Canela de Soñar ------- Excelente (151)
Salvador Núñez Sestelo --------- Piloto -------------------- Moi Bo( 146)
Miguel A. Rey Montes ---------- Lor ----------------------- Moi Bo( 143)
Enmanuel Fernández Varela ----Alf de Soñar ------------ Moi Bo( 142)
Ao final da proba a Federación de Ourense fixo entrega a todos os participantes do seu trofeo, e por parte da organización fíxose entrega dunha medalla ao can “Golfo” de Salvador Sestelo, en agradecemento polo traballo destos anos para na búsqueda dos rastros para os participantes.