Un ano máis a Escola de Caza da Federación Galega de Caza (FGC), en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, ponse en marcha para seguir formando aos cazadores galegos en materias como a seguridade na caza, os primeiros auxilios, a xestión de sociedades, o adestramento de cans e outras materias relacionadas coa actividade cinexética.
As catro provincias galegas terán a súas correspondentes xornadas de formación, de inscrición gratuíta, nas que diversos expertos en cada unha das materias tratarán multitude de temas de interese para os cazadores, e atenderán as cuestións que propoñan.
O primeiro destes cursos xa ten datas e lugar: será en Touro (A Coruña), os días 6 e 13 de xullo, baixo o título “Adestramento de cans de caza para a seguridade na actividade cinexética”. Limitado a 25 prazas, e repartido entre dúas xornadas, este curso abarcará diversos temas relacionados co adestramento dos cans de caza, entre os que cobra especial importancia o da seguridade.
Máis cursos seguirán a este durante os vindeiros meses nas catro provincias galegas e tamén, por segundo ano, de xeito online a través da plataforma de formación da Escola de Caza.
Seguiremos informando puntualmente de todas estas xornadas formativas nas vindeiras semanas.