XI Campionato Provincial de Pontevedra de Percorridos de Caza con Arco
O pasado 9 de xuño, e dentro das numerosas actividades programadas pola Federación Galega de Caza de Pontevedra en Fecap (Feira de Caza e Pesca – Feira Internacional Semana Verde Abanca Silleda), desputouse o Campionato Provincial de Pontevedra de Percorridos de Caza con Arco.
Baixo a organización da FGC e o clube de arqueiros Cazarco desputábase este provincial de xeito extraordinario e con un esceario único o que fixo unhas propostas moi atractivas e novidosas que foron valoradas moi positivamente polos 21 arqueiros participantes.
Unha vez rematada a proba, os resultados nas diferentes categorías foron os seguintes:
- Arco Asistido Femenino: Campiona Dolores Bugarín Codeseda. En segunda posición remataba Marina Oliveira Amoedo e o bronce era para Mari Carmen Novoa Varela.
- Arco Asistido Masculino: o ouro era para Jaime Villaverde Balado namentres que Miguel Caruncho Campanario era o subcampión e Fran Rivas Suárez o terceiro clasificado.
- Arco Tradicional: Lee Ramsdale era o campión da categoría tradicional por diante de José García Gómez e Carlos Rama Rodríguez que situábanse en segunda e terceira posición respectivamente.
- Junior Femenino: A xoven arqueira Rebeca Villaverde Bugarín era a campiona.