XX Campionato Galego de Compak Sporting
Foi o participante pontevedrés Manuel Blanco Puertas, cunha enorme técnica no tiro, o que se fixo con este campionato autonómico despois de realizar unha extraordinaria tirada durante toda a xornada, sobrepasando en 3 pratos ao segundo clasificado, Daniel Cebreiro García.
Baixo a organización da Federación Galega de Caza e a colaboración da Sociedade Deportiva Río Sar, o pasado domingo 9 de xuño arrincaba esta XX edición da fase final do autonómico de Compak Sporting con 72 tiradores inscritos. Un campionato desputado a 150 pratos en 6 campos e con esquemas con gran variedade de pratos e traxectorías.
Destacamos o esforzo organizativo por parte da directiva da Sociedade Deportiva Río Sar durante moitos días previos a esta cita do tiro galego. Unha Sociedade que non escatimou en horas e horas de traballo que conleva a conformación de 6 canchas de tiro facendo así un campionato moi vistoso, entretido, técnico e que os 72 tiradores souperon apreciar.
Foi o tirador Manuel Blanco Puertas o que se facía co Campionato Galego ao acadar un total de 125 pratos. Un número baixo de platos escachados que amosan a dificultade da tirada. A medalla de prata era para Daniel Cebreiro García con 122 pratos e que se tivo que conformar co segundo posto ainda que chegaba a esta cita como gran favorito. O campión da edición anterior, Roberto Rodríguez Fernández remataba en terceira posición con 121 pratos.
Na categoría de senior o campión era Fernando Sánchez Mancebo con 112 pratos. Gabino Villamor Váquez e Ángel R. Vidal Quintela remataban en segunda e terceira posición, respectivamente.
En veteranos o campión da proba era Antonio Castro Ferreiro con 105 pratos. O subcampión era José María González Rodríguez e o bronce era para o tirador Manuel García Carrera.
Alejandro Fernández Seco foi o que acadou o primeiro posto en xuvenís e David Nieto Seone conformábase coa prata e Julio Fernández Pereira co bronce.
Artemio Formoso Barro en tiro adaptado, Luís Salmerón Madera en máster e Mercedes Saavedra en donas eran os campións nas diferentes categorías.
A selección galega quedaba composta polos seguintes tiradores: Manuel Blanco Puertas, Daniel Cebreiro García, Roberto Rodríguez Fernández, Daniel Domínguez Treinta, Fernando Sánchez Mancebo e Artemio Formoso Barro.