Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
XXIII FESTA DA CAZA DE LUGO
Novo éxito da edición XXIII da Festa dos cazadores lucenses
03/06/2019

Michael Otero en Rastro de Xabaril, Juan Carlos Arteche e José Sanmartín en San Huberto, Artemio Formoso en Compak e Percorridos de Caza e José Mª Carnota e Pedro Iglesias en Caza Práctica; foron os Campións Provinciais desta vixésimo terceira edición da Festa da Caza de Lugo organizada pola Federación Galega de Caza en Lugo e desputada no concello de Portomarín.

A Festa cinexética, comezaba na xornada do sábado 1 de xuño coa celebración da competición de Compak Sporting para rematar o domingo 2 coa desputa das disciplinas de Rastro de Xabaril, Cans de Parada, Percorridos de Caza e San Huberto; todo elo nos montes do Cristo e do Castelo situados no concello lucense de Portomarín. As máis que elevadas temperaturas alcanzadas, sobretodo na xornada do sábado, foi un handicap notable para os participantes que se presentaron a esta edición pero que o bo facer de cans e cazadores souperon superar as cotas do mercurio.

No XIX Campionato Provincial de Compak Sporting celebrado no campo de tiro eventual e desputado a 50 pratos, as 4 escadras de tiradores participantes tentaron escachar o maior número de pratos. Foi o tirador lucense, Artemio Formoso Barro, o que acadou o primeiro posto da Clasificación Xeral, e se converteu en Campión Provincial e campión de Tiro Adaptado. O segundo posto era para o tirador lucense, Vicente Insua López e o bronce para José Antonio Vasconcellos Vicente. En Senior impoñíase José González Yañez namentras que en Veteranos o gañador era Eliseo Faraldo. Completaba o grupo de campións desta modalidade Luís Salmerón na categoría de Máster. 

O XXIX Trofeo Cidade de Lugo de Caza Práctica desenrolouse no Monte Castelo, sobre perdiz sementada e participando cans de Razas Británicas e Continentais. En Británicos foi “Berta de Vilar de Donas” propiedade de José María Carnota Ríos o que acadaba o primeiro posto cunha calificación de 1ºEXC. Andrés Pena con “Spartacus de Bosende” remataba en segunda posición con un 2ºMB. Cun Moi Bo situábase en terceira posición “Bruxo de Vilar de Donas” de Roberto Dopico. En Continentales era Pedro Iglesias Hermida o que acadaba o primeiro posto con“Lina de la Judería” 1ºMB.

O XIV Campionato Provincial de Percorridos de Caza foi desputado a un total de 100 pratos con moi diversos postos de tiro e traxectorias que encandilou o medio cento de tiradores participantes. Foi o tirador pontevedrés Daniel Domínguez Treinta o que se impoñía claramente nesta disciplina cunha destacada tirada ao facer 92 pratos, dez máis que o segundo clasificado, facéndose así co primeiro posto da Clasificación Xeral. O campión de compak, Artemio Formoso, tamén acadou o título de Campión Provincial e campión de Tiro Adaptado nesta disciplina rematando en segunda posición da xeral. O terceiro posto era para o tirador Juan Manuel Carou Rey con 81 pratos. En Senior o campión era o lucense Juan Carlos Bande e en Veteranos impoñíase o tirador Antonio Castro Ferreiro. Ángel Mosquera Rodríguez en Máster e Omar Insua Rodríguez en Xuvenís completaba o grupo de campións desta modalidade.  

Na modalidade de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril, desputábase a edición XXI do Campionato Provincial puntuable para a Copa Galicia e á que acudían máis de 20 cans. Na fase final impoñíase o monteiro pontevedrés Salvador Sestelo Núñez con “Beba” e 252,5 puntos. Na segunda posición remataba o lucense Michael Otero con “Chacho” e 249,5 puntos converténdose no Campión Provincial.  Martín Martínez García con “Camarón” obtiña o bronce con 245 puntos. A selección provincial que representará a Lugo no vindeiro campionato galego estará formada por: Michael Otero, Martín Martínez, Camilo Cabodevilla, Jorge Cid, Iván López, Luís Otero, José Quintela, Nestor Trasancos e Antonio Polo Calvo. 

Na XXIII edición do Campionato Provincial de Caza San Huberto foi o cazador Juan Carlos Arteche o que se convertía no Campión Provincial con 66 puntos namentras que Andrés Pena era o segundo clasificado con 50 puntos. O terceiro clasificado era José Mourazos con 40 puntos. Os cazadores Juan Carlos Arteche, Andrés Pena, José Mourazos, Roberto González, Jorge Dobarganes, Ana Arbiol e Nuria Varela conforman a equipo lucense que representará a Lugo no vindeiro campionato autonómico da especialidade. 

Na disciplina de Levantadores o primeiro posto e Campión Provincial era para José Sanmartín Pérez con 51 puntos.  

Unha vez rematadas tódalas competicións, participantes, organización, público e autoridades gozaron dun xantar de irmandade na que se deron cita preto de 250 comensais.

 
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAMPIONATO XUNTA GALICIA ARCEAS
16/12/2024
O Autonómico de Caza de Arceas decidirase en Antas de Ulla

PROVINCIAL PONTEVEDRA ARCEA
16/12/2024
José Antonio Vasconcellos con “Azor” proclamouse campión provincial na Lama

PROVINCIAL LUGO CAZA ARCEAS
25/11/2024
Manuel Rodríguez coa setter “Huma do Yelsar” gañador en O Corgo

CAZA MENOR
04/11/2024
Alfonso García coa setter “Jara” proclamouse Campión Galego de Caza Menor en Portomarín


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza