XIII Campionato Provincial de Pontevedra de Paxaros Cantores
O pasado 5 de maio, desputouse no concello pontevedrés de O Grove a fase provincial de paxaros cantores organizado pola Federación Galega de Caza en colaboración coa Sociedade Ornitolóxica de O Grove.
Esta décimo terceira edición do Campionato Provincial actuaron como xuíces Manuel Ángel Chao Porto, Iván Fajardo, Jesús Ángel Fajardo e Gonzalo Vergara Castro.
Unha vez rematadas as quendas de participación, a clasificación final resultou do seguinte xeito:
Na categoría de Liñaceiro, o gañador foi Elisa Pereira Pereira con 4 puntos. Seguido de Pablo Corrales González con 2 puntos e Francisco José Otero Grandal con tamén 2 puntos pero xa en terceira posición.
En Xílgaro, o primeiro posto foi para Julio Pereira con 10 puntos. O segundo posto recaeu en Germán Alcalde Cebreiro con 9 puntos. O terceiro posto ocupouno José M. Rodríguez Costas con 3 puntos.
Na modalidade de Mixto de liñaceiro o gañador foi José Manuel Rodríguez Costas cun total de 36 puntos. Pablo Corrales González obtiña o segundo caixón con 27 puntos. O bronce era para Francisco J. Otero Grandal con 15 puntos.
Na categoría de Verderol o gañador e tamen terceiro clasificado foi Cándido Lago Álvarez con 21 e 6 puntos. Francisco J. Otero Grandal con 15 obtiña o segundo posto.
En Mixto de xilgaro os 2 primeiros postos foron acadados por Julio Pereira con 53 e 27 puntos. Con 11 puntos e en terceira posición remataba Juan J. Lameiro Couto.
En Mixto de verderol o gañador foi Francisco J. Otero Grandal con 1 puntos.