XXIII Campionato Provincial de Percorridos de Caza en Ourense
O pasado 4 de maio desputouse o XXIII Campionato Provincial de Percorridos de Caza – I Copa Deputación de Ourense ao que se inscribían un total de 38 tiradores. Tiradores que se enfrontaron a 100 pratos de complexas traxectorías que fixeron as delicias de tiradores e público que se achegou ao Campo de A Goberna Beariz. Todo elo baixo a organización da FGC de Ourense e coa colaboración da Asociación Deportiva A Goberna Beariz e a Sociedade de Cazadores de A Goberna Regueiro.
A dificultade das canchas de tiro quedou patente no resultado final xa que o número de pratos escachados foi inferior ao que ven sendo habitual. Pero entre a dificultade, na clasificación xeral, destacou o tirador pontevedrés José Antonio Vasconcellos Vicente que con 81 pratos escachados acadaba o primeiro posto da clasificación xeral. A 1 prato do tirador pontevedrés remataba Artemio Formoso Barro. O tamén coruñés Daniel Cebreiro García remataba na terceira posición con 79 pratos esnaquizados. O campión provincial resultaba ser Jorge Vázquez Iglesias con 79 pratos rematando en cuarta posición.
Na categoría de Veteranos o primeiro posto era para Eliseo Faraldo Fernández con 67 pratos.
A Selección Provincial que representará á provincia de Ourense no Autonómico da especialidade quedou composta polos seguintes tiradores: Jorge Vázquez, José Antonio Vázquez, Isaac Otero, Eliseo Faraldo, Juan José González, Francisco Javier Villanueva, Manuel Carames e Eduardo Salceda.