XXX Copa Federación de Cans de Parada de Pontevedra
Un total de 19 cans, 6 correspondentes a razas Continentais e 13 a Británicas, déronse cita en Baiona o pasado 4 de maio para a desputa da, nada menos, que XXX edición da Copa Federación de Cans de Parada de Pontevedra. Evento organizado pola Federación Galega de Caza de Pontevedra e contando coa colaboración da Sociedade de Caza “As Tres Bes”.
A proba estivo calificada polos xuíces Jorge Amado Sambade e Saturnino Pereira Vidal e desenrolouse nos montes da Groba. A proba trascorreu se imprevistos e a clasificación final foi a seguinte:
-En Británicos o campión e subcampión da proba foi José María Carnota Ríos coa setter inglés femia “Berta” 1ºEXC e co pointer macho “Gril” 2º MB. Juan José Canosa Vigo con “Honey de la Fougere Aigle”, setter inglés macho, obtivo o terceiro posto cunha calificación de 3º MB. O pontevedrés mellor clasificado foi Juan M. Lorenzo Pazo en cuarta posición co setter inglés macho de nome “Queso” 4º MB.
-En razas Continentais o bretón de nome “Xanto de Alecrín” propiedade de José R. Zamora Lorenzo foi o campión cun 1º MB.