Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
#AcazaTaménVota
Primeiras valoracións da campaña “E de caza que?” da FGC ante os comicios nacionais
26/04/2019

Os partidos políticos Ciudadanos, PP e PSOE amosaron o seu apoio, en xeral, a actividade cinexética. VOX contactou e manterá unha reunión coa FGC nos vindeiros días namentras que as forzas políticas BNG, EN MAREA, COMPROMISO POR GALICIA, ANOVA, ESQUERDA UNIDA, e PODEMOS GALICIA non atenderon a invitación realizada pola federación.

A escasas horas da celebración das Elección Xerais, o vindeiro domingo 28 de abril, a Federación Galega de Caza quere trasladar ós cazadores galegos os resultados e compromisos extraídos das xuntanzas mantidas coas diferentes forzas políticas dende o arrinque da campaña “E de caza que?” posta en marcha no mes de marzo pola FGC dentro da campaña nacional #AcazaTaménVota.

Foi o partido político Ciudadanos, representado por José Manuel Blanco candidato ao Congreso pola provincia de Lugo e María Vilas número dous por A Coruña, o que primeiro acedeu a manter unha reunión coa Xunta Executiva da FGC. Celebrada a xuntanza os representantes do partido laranxa amosaron o seu pleno apoio á caza e ós cazadores, dando resposta satisfactoriamente a todas aqueles compromisos solicitados pola FGC. Días máis tarde o Cs completaba esta xuntanza, trasladándose ata Galicia Ramiro Domínguez, Deputado na Cortes por Teruel; Marta García, número 2 por Cantabria; que xunto con Laureano Bermejo, Secretario de Organización do Partido en Galicia, mantiñan un novo encontro cos representantes federativos, nos que amosaban o seu respeto, recoñecemento, e compromiso coa actividade cinexética.

O pasado 22 de abril o Partido Popular acudía a chamada da FGC e comprometíase de xeito pleno coa actividade cinexética. Ana Pastor, Presidenta en funcións do Congreso, Alfonso Rueda, Vicepresidente da Xunta de Galicia e Belén do Campo, Directora Xeral de Patrimonio Natural, tras escoitar as propostas da FGC entre as que cabe sinalar a necesidade de poñer en valor da caza, os representantes populares aceptaron e adquiriron destacados compromisos de futuro coa caza.

Nos derradeiros intres do remate da campaña electoral, o Partido Socialista, da man de Patricia Vilán, portavoz do grupo socialista, reuníase cos directivos federativos para escoitar os compromisos solicitados polos cazadores galegos. Compromisos aceptados polo PSOE na súa gran maioría e nos cales a directiva federativa fixo especial fincapé para o bo desenvolvemento da caza no futuro.

Unha vez rematada esta primeira parte da campaña “E de caza que?”, que continuará para as elección municipais de finais de maio, a Federación Galega de Caza informa que as forzas políticas BNG, PODEMOS, EN MAREA, COMPROMISO POR GALICIA, ANOVA e ESQUERDA UNIDA non deron resposta, ata o día de hoxe, a solicitude realizada polo ente federativo para a realización de sendas reunións de traballo. O partido político VOX si contactou coa FGC e manterá unha toma de contacto nos vindeiros días.

A FGC remata esta primeira parte da campaña “E de caza que?” que continuará, con maior forza, para as eleccións municipais o vindeiro 26 de maio. Nesta segunda parte a Federación Galega de Caza informará ós cazadores galegos, o detalle, un a un dos compromisos adquiridos polos diferentes Partidos Políticos. A FGC agarda que estes compromisos sexan reflectidos e tidos moi en conta para o futuro da caza en Galicia.

 
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

ASEMBLEA XERAL - CURSOS FORMACIÓN
02/12/2024
Unanimidade nos acordos da Asemblea Xeral e entrega dos Diplomas dos Cursos de Formación

MUTUASPORT - ARTEMISAN - RFEC
29/11/2024
Os cazadores federados invirten na defensa da caza e conservación das aves migratorias

AFECTADOS DANA
11/11/2024
Os cazadores españois doan 24.000€ aos afectados pola DANA

PROXECTO ARCEA
21/10/2024
Gran aportación dos cazadores galegos para o censo das arceas


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza