Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
I PROBA SOLIDARIA DE SAN HUBERTO
Picallo Piñón e Canosa Vigo foron os gañadores da I Proba Solidaria en Riberas do Tambre
15/04/2019

Despois dun intenso e fructífero traballo previo, o pasado sábado 13 de abril tiña lugar no Tecor Riberas do Tambre, situado no concello de Oroso (A Coruña), a I Proba Solidaria de San Huberto a favor de ASANOG (Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia). Proba organizada polo Tecor Riberas do Tambre e contando coa colaboración da Federación Galega de Caza, do concello de Oroso e das tendas especializadas Remanso e Ventos&Rastros.

Una vez desputada a xornada solidaria a organización quere dar un agradecemento moi especial a tódolos participantes, colaboradores, xuíces e amigos porque gracias a eles e as súas aportacións foi posible acadar a finalidade da proba.

Preto de 40 participantes tomaron saída nesta proba puntuable para a Copa Galicia de San Huberto. Cazadores que se dividiron en 5 campos, un dos campos para a categoría de levantadores, desfrutaron dunha climatoloxía moi favorable que se uniu para que a proba fose un éxito en tódolos sentidos.

O participante Ramón Picallo Piñón co pointer macho “Nike” foi o primeiro clasificado, seguido de Roberto Dopico Dopico que concursou coa súa femia de pointer de nome “Easy”. O bronce era para o xoven cazador Juan José Canosa Vigo co setter inglés macho “Honey”.

Na categoría de levantadores, novamente, Juan José Canosa Vigo subía ao podium en primeira posición co can “Thor de Forvelaz”. Eloy Rodríguez Martínez con “Piti” e Saturnino Pereira Vidal con “Draco” acadaban o segundo e terceiro posto respectivamente.

Rematada a competición tivo lugar o xantar de solidaridade ao que asistiron un total de 120 comensais e durante o cal se fixo entrega da donación de 1.000 € a responsables da ASANOG.

Entre as autoridades alí presentes destacamos a presencia e intensa colaboración do concello de Oroso co seu alcalde ao fronte Manolo Mirás Franqueira, así como a presenza da Directora Xeral de Patrimonio Natural, a Xefa Territorial de Medio Ambiente na Coruña, o alcalde do concello de Trazo, directivos autonómicos e provinciais da Federación Galega de Caza e directivos da Sociedade Riberas do Tambre. 

 
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAMPIONATO XUNTA GALICIA ARCEAS
16/12/2024
O Autonómico de Caza de Arceas decidirase en Antas de Ulla

PROVINCIAL PONTEVEDRA ARCEA
16/12/2024
José Antonio Vasconcellos con “Azor” proclamouse campión provincial na Lama

PROVINCIAL LUGO CAZA ARCEAS
25/11/2024
Manuel Rodríguez coa setter “Huma do Yelsar” gañador en O Corgo

CAZA MENOR
04/11/2024
Alfonso García coa setter “Jara” proclamouse Campión Galego de Caza Menor en Portomarín


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza