Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
PROVINCIAL A CORUÑA SAN HUBERTO
Roberto Dopico, Juan José Canosa e Nicolasa González campións provinciais en Porto do Son
08/04/2019

O pasado sábado 6 de abril, chegaba unha edición máis da fase provincial de A Coruña da disciplina de Caza San Huberto na que houbo unha ampla participación, preto de 30 cazadores, e se puxo en xogo as respectivas plazas de acceso para o Campionato Galego da especialidade.

A Federación Galega de Caza de A Coruña, e sempre coa colaboración da sociedade de caza correspondente, desprazouse nesta ocasión o Tecor de Porto do Son para desputar o provincial de Caza San Huberto que tamén contou coa colaboración da Comunidade de Montes de Baroña.

O cazador Roberto Dopico Dopico facíase con este provincial de Caza San Huberto ao compretar un percorrido, co seu pointer de nome “Easy de Capagut”, que lle reportou unha puntuación de 68 puntos. A tan so un punto de Dopico situouse o anterior campión provincial, Rene Valé García, que co setter inglés macho “Suayper de Piago” acadaba a prata. Remataba en terceira posción José María Carnota Ríos co setter inglés macho “Halcón de Reinadama” con 63 puntos.

 

Na disciplina de Springer o campión era, por segundo ano consecutivo, Juan José Canosa Vigo con “Thor de Forvelaz” e 62 puntos. E en segunda posición remataba Eloy Rodríguez Martínez con “Piti de Forvelaz” e 55 puntos. O terceiro posto era para Eloy Rodríguez Rego con “Tras” e 52 puntos.

En Damas a campiona era Nicolasa González Carrodeguas que participaba coa pointer femia “Conga” e obtiña 71 puntos.

E como ven sendo habitual, o xantar e a entrega de premios puxeron o punto e final a esta fase provincial.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

AUTONÓMICO E PROVINCIAIS RAPOSO
27/01/2025
O equipo coruñés “Os da Baladoira” foi o gañador no Autonómico de Cans de Rastro sobre Raposo

PROVINCIAL ARCEAS OURENSE
21/01/2025
O título de campión provincial foi para Ivan Álvarez coa setter “Trina”

PROVINCIAL CORUÑA CETRARÍA
16/01/2025
Cetreiros en Santa Comba

CANS DE PARADA SOBRE ARCEA
30/12/2024
“Seeker de Montemayor”, de Esteban Cambón Bértoa, campión da proba


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza