O pasado domingo 3 de marzo tiña lugar a I proba de Caza Práctica sobre Arceas en As Pontes (A Coruña). Unha proba organizada pola Federación Galega de Caza en A Coruña e que contou coa colaboración da Sociedade de Cazadores Veiga da Nata.
Unha proba en auxe que nesta ocasión contou con 19 cans especializados na caza da arcea. Cans e conductores que ano tras ano amosan o incremento de nivel que se esta a producir na nosa comunidade en esta especialidade.
Con menos avistamentos de arceas dos que organización e participantes desexaran, remataba esta proba na que non houbo calificacións reseñables pero si traballos destacables:
-O setter inglés de nome “Horam´s” de Belisario Bertoa
-O setter inglés de nome “Ciro do Coto da Neboa” Francisco Santiago
-O setter inglés de nome “Foster do Rempenin” de Javier López
-O setter inglés de nome “Rubio” de Manuel Cancela foi mencionada como mellor can novo de menos de 24 meses.