Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
GALEGO DE ARCEAS
O coruñés José Constantino foi o campión autonómico de arceas en Cospeito
17/12/2018

José Constantino Domínguez Aguilleiro, da Sociedade coruñesa de Dumbría e cunha peza e 500  puntos, é o novo campión galego de Caza de Arceas. Unha especialidade das máis puras de cantas organiza a Federación Galega de Caza dado que esta especie non admite sucedáneos. A Federación que xunto coa súa homónima de Lugo e a Sociedade “Terra Cha”, responsabilizouse da organización desta proba galaica na que competiron 22 cazadores (6 de A Coruña, 5 de Lugo, 5 de Ourense, 5 de Pontevedra, e o campión da pasada edición que o fixo por dereito propio), previamente clasificados na precedente fase provincial e todos co obxectivo prioritario de meterse nos dous primeiros postos para pasar a disputar a  Final de España que terá lugar no xerundense municipio de Ripoll.

A mañá comezou como sempre nestes casos, con moitas ilusións. Co ceo ameazante de chuvia que logo practicamente quedaríase niso, e tal e como estaba previsto ás 7,30 da mañá levábase a cabo a concentración de cazadores, xuíces de campo e organizadores no Restaurante “Casa Paca” en Sistallo. Media hora despois repartíase a documentación correspondente e dorsais, e ás 9:00, baixo o Regulamento e normas complementarias federativas desta modalidade, botaba andar o exercicio nas 4.422 Has. do cuartel de “Xermar” baixo a batuta do Delegado federativo da modalidade, o ourensán Manuel Feijoo.  Mentras o torneo finiquitaba ás 14:00 da tarde e preto desa hora entraba no posto de control o derradeiro concursante, o lucense, Marcos Cruz Núñez. Cinco horas de exercicio pateando monte pola bonita campiña cospeitense nas que as desilusións foron a nota predominante. Unha peza cazada ás 11:50 portando unha arandela fechada o 28-2-2017 en Madrid,  foi todo o botín presentado no posto de control. 

Unha pobreza que algúns  especialistas e “devotos” desta modalidade venatoria xustificaban decindo que “a caza da arcea ten estas cousas”. De todolos xeitos, levantáronse 9 individuos, sendo a cazador Javier López, de A Coruña, o que máis paxaros viu (2), pero non lle chegou disparar a  ningún o igual que Óscar Suárez, campión da pasada edición.

CLASIFICACIÓN

1º e campión, José Constantino Domínguez Aguilleiro, de Dumbría (A Coruña). Cazou co setter “Kai” 1 arcea e 500 puntos. O seu Xuíz de Campo foi o pontevedrés Floriano López.

2º e subcampión (por sorteo) José Manuel Domínguez Fernández (Rosaleña). Auxiliouse con “Golfo”.

3º,  tamén por sorteo, Diego Martínez Guitián (Val de Lemos). Contou coa axuda do setter “Chico”. Este cazador queda de reserva por se falla algún dos anteriores.

Para repoñer forzas os participantes foron convidos a un animado refrixerio por directivos do Tecor. Rematado o aperitivo e como ven sendo tradicional levouse a cabo un xantar de confraternización no Restaurante “Casa Paca” a base de un cocido “completo” como saben facelo en Lugo, procedéndose previamente a proclamación dos tres primeiros clasificados (os dous primeiros defenderán o bandeira galega no nacional de España), aos que se lle entregaron variados e abundantes agasallos. Un emocionante acto que estivo presidido polo presidente da Federación Galega de Caza en Lugo, Francisco López, e o que asistiron outras autoridades como Margarita López Blanco, Xefa Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia en Lugo. O Concelleiro de Deportes de Cospeito, Daniel Paz e a cúpula da Sociedade “A Terra Chá” co seu Presidente, Jaime González, o fronte. Todos fixeron uso da palabra para eloxiar o deporte da caza practicado de xeito “responsable”, desexándolles aos representantes galaicos sorte en Ripoll. 

Para concluír, salientar que a organización so se pode cualificar de “excelente”. E o escenario de “extraordinario”. Un total de 46.000 Has. situadas en tres concellos e nas que se asentan 10 cuarteis para a caza maior. E que si ben toda a xoven Directiva traballou moito e ben na organización deste Campionato, mención especial merece José Antonio Gutiérrez, peza fundamental no éxito acadado e a quen temos que agradecer o magnífico trato dispensado ao equipo de LUMAVISIÓN GALICIA que rodou unha ampla reportaxe do acontecemento que proximamente poderemos ver en Vía Tv., no canal propio de Lumavisión Galicia en YouTube e na Páxina Web da Federación Galega de Caza. Tamén o noso agradecemento para a “Aldea Celta Citania de Veria”, un complexo turístico inspirado na cultura castrexa e xa non digamos para Luís Vázquez, a persoa coa que percorremos no seu todoterreno todo o cazadeiro.

 
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL LUGO CAZA ARCEAS
25/11/2024
Manuel Rodríguez coa setter “Huma do Yelsar” gañador en O Corgo

CAZA MENOR
04/11/2024
Alfonso García coa setter “Jara” proclamouse Campión Galego de Caza Menor en Portomarín

CAMPIONATO XUNTA GALICIA CAZA MENOR
30/10/2024
Clasificados para o Autonómico de Caza Menor con Can

CAMPIONATO XUNTA GALICIA CETRARÍA
29/10/2024
Os mellores cetreiros na Terra Chá


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza