A Subdelegación do Goberno de Galicia, elexía a Rubén Pérez Sueiras como coordinador para a “sensibilización social contra o maltrato animal”, polo que a FGC amosa o seu rexeitamento ante tal elección, unha burla.
Rubén Pérez Sueiras é voz da Asociación Animalista Libera en Galicia e da Fundación Franz Weber, tamén esta última de índole radical e en ámbolos casos contrarias a actividade cinexética, as granxas de animais de calquera especie, ó ordeño de vacas, ó consumo de carne, etc.
A Federación Galega de Caza quere deixar claro que sempre será contraria e condeará calquer tipo de maltrato animal. Remarcado isto, a FGC non comprende a decisión adoptada pola Delegación do Goberno en Galicia cando detrás desta persoa e organizacións que lidera hai un escuro pasado e presente en canto ao maltrato animal e o respeto os demais. Insultos públicos a xóvenes cazadoras e cazadores, desexándolles a morte, boicot de accións de caza, liberacións de visóns, etc. son feitos que poñen en dúbida a valía de dito nomeamento, que por certo, acaba de incorporalo a súa nómina Podemos Galicia adxudicándolle unha secretaría por orden de Antón Gómez-Reino Varela.
Creemos que nin SEPRONA nin Policía teñen nada que aprender deste dirixente.