Hoxe, 4 de decembro, arrinca o primeiro programa "Os Templos da Caza" da Televisión de Galicia a FGC agradece a posta en valor da caza, neste caso o valor gastronómico, por parte da canle galega.
A Televisión de Galicia achega esta noite un dos sabores característicos do outono, a carne de caza. A través dun programa monográfico percorrerá algúns dos mellores establecementos galegos en que se traballa o produto.
“Os templos da caza” visita locais das catro provincias e sae á rúa para coñecer como se cociñan nos fogares galegos carnes como o coello ou o xabaril. Ademais, as reporteiras do programa descubrirán unha chea de deliciosas receitas con perdiz, lebre, corzo, faisán ou paspallás.