A Xunta Electoral da Federación Galega de Caza (FGC), de conformidade co establecido Regulamento e Calendario Electoral, ven de convocar a todos asembleístas á sesión constitutiva da nova Asemblea Xeral que terá lugar, o vindeiro 14 de decembro de 2018, ás 19 horas en primeira convocatoria e ás 19,30 horas en segunda convocatoria, nas aulas 5 e 6 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), sita na rúa Madrid nº 2 en Fontiñas, Santiago de Compostela, con arranxo á seguinte ORDE DO DÍA:
1º. Constitución da Mesa Electoral
2º Elección do Presidente da FGC
3º Elección da Comisión Delegada da FGC