Esta pasada fin de semana, 3 e 4 de novembro, desputouse na localidade madrileña de San Agustín de Guadalix o Campionato de España de Percorridos de Caza con Arco e Caza con Arco o Voo baixo a organización da Real Federación Española de Caza.
Un nutrido grupo de arqueiros galegos representaban a Galicia nesta destacada cita do arco nacional, e unha vez rematada a proba os resultados foron moi satisfactorios para os nosos representantes.
Destacamos os resultados dos arqueiros galegos en Percorridos de Caza con Arco:
-En arco asistido senior masculino: Jaime Villaverde Balado obtivo o 5º posto
-En arco asistido senior feminino: Dolores Bugarín Codeseda obtiña o subcampionato e Marina Oliveira Amoedo o 4º posto
-En junior asistido: O 5º posto era para Rebeca Villaverde Bugarín
-En cadete asistido: Ismael Figueroa Vilaboa era o campión
-En long bow: Jacobo Santoro Lorenzo era o subcampión.
En Caza con Arco o Voo a parella galega composta por Jaime Villaverde Balado e Pedro J. Martínez Ángel obtiñan o segundo posto da clasificación final.