O pasado 26 de outubro no concello coruñés de Santa Comba os cazadores desta provincia tiñan unha cita de formación cinexética a cal acudiron en moi bo número.
Ás 18:00 horas comenzaba o terceiro Curso de Seguridade na Caza e Primeiros Auxilios dentro do ciclo de formación posto en marcha pola Federación Galega de Caza através da Escola de Caza.
Preto dun cento de cazadores e directivos de sociedades de caza recibían coñecementos sobre 3 bloques temáticos: Seguridade nas Cacerías, as Comunicacións coa Consellería de MOT e Primeiros Auxilios.
Nas 4 horas de duración deste Curso interviron os relatores: José Manuel Matos Sobrino como Xestor Cinexético; Darío Andrade Expósito como Cazador e Técnico de Caza da Subdirección Xeral de Biodiversidade e Recursos Cinexéticos e Píscícolas; e José Antonio Montorio González, Diplomado e Licenciado en Veterinaria pola USC .
Destacar a actividade, atención e participación dos cazadores en tódolos temas tratados durante esta xornada de formación, sendo a Mesa Redonda un debate e intercambio de preguntas e respostas o cal deu mostra da necesidade e boa acollida destes Cursos por parte dos cazadores.