Como novidade para este 2018 a Federación Galega de Caza poñerá en marcha tamén os Cursos On-Line a través da súa Escola de Caza e tamén nos vindeiros días arrincará a Campaña CazaSeguro.
Un ano mais, a Federación Galega de Caza coa colaboración da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, fai unha aposta firme pola formación dos cazadores galegos. Comezan os cursos de Seguridade na Caza e Primeiros Auxilios, sendo Ourense a que dará o pistoletazo de saída este vindeiro sábado día 13 en Verín.
En canto á temática que se abordarán nestes cursos do 2018 mencionar o seguinte:
-Seguridade na Caza: normas de caza, outros usuarios do monte, organización de batidas e lexislación e xurisprudencia relacionada coa organización nas cacerías
-As Comunicacións coa Consellería de MOT: plans de ordenación, solicitude de cacerías, comunicación de resultados e aplicación informática de caza (Suposto práctico)
-Primeiros Auxilios: accidentes de caza e dos cans, botiquín do cazador e actuación ante outras doenzas comúns (desmaios, infartos, etc)
-Mesa Redonda
As datas e lugares de celebración dos Cursos son os seguintes:
-Ourense: 13 de outubro - Verín
-Pontevedra: 19 de outubro - Cerdedo
-A Coruña: 26 de outubro - Santa Comba
-Lugo: 31 de outubro - Lugo
Para máis info contacta coa túa Federación Provincial de Caza ou a través do seguinte ligazón: https://www.federaciongalegadecaza.com/axenda.php?tipo=curso