Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CARA DE CAN
A podenca de nome “Alma” propiedade de Alberto González foi a gañadora
03/10/2018

O pasado domingo 30 de setembro tivo lugar o Campionato de Rastro de Coello modalidade Cara de Can desputado en A Lama (Pontevedra) no Tecor de “San Bartolomé de Xesta”, organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra e contando coa colaboración de dita Sociedade de Caza.

Á proba acudiron un bo número de participantes con cada respectivo can que durante a maña do pasado domingo 30 de setembro desfrutaron desta apaixoante modalidade na que se valora o bo facer dos cans á hora de atopar e mover coellos individualmente, competindo entre si.

Trascorridas as roldas de participación, fase clasificatoria e final, o xurado de competición deu a coñecer a clasificación final. Foi a podenca de nome “Alma” propiedade de Alberto González Vila o que se impuxo como primeiro clasificado cun total de 130 puntos. Seguiuno en segunda posición a podenca de nome “Chicha” de Martín Carballo Suárez. José A. Fernandez Alves co podenco “Morito” tívose que conformar coa terceira posición da proba con 105 puntos.

Un xantar de irmandade e a entrega de premios a que asistiron autoridades, organizadores e directivos da FGC, entre os que se atopaba o presidente Javier Nogueira, puxo o punto e final a este campionato.

 
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

XABARIL SALVAXE TRAILLA FERROLTERRA
14/04/2025
Manuel Piñeiro con “Zidane” gañador en Ferrolterra

PROVINCIAL CORUÑA PERCORRIDOS CAZA
07/04/2025
Antonio Iglesias proclamouse campión provincial de percorridos de caza

XABARIL KARSITA
07/04/2025
O monteiro Francisco Rodeiro acada o primeiro posto con “Pistolas” en Vilagarcía

XABARIL SALVAXE CODESEDA
01/04/2025
Rubén Gómez con “Sil” campións en Codeseda


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza