Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
PROVINCIAL PONTEVEDRA COELLO
Alfonso Rey Foi o mellor no provincial pontevedrés de coello
01/10/2018

O cazador Alfonso Rey Baulde, da Sociedade “Ría Baixas” co equipo de beagles, “Xouba”, “Clay”, “Trus” e “Trasno”, é o novo campión pontevedrés de “Cans de Rastro” logo de gañar o Campionato provincial da especialidade celebrado o pasado día 30 de setembro nos montes dos tecores de Cotobade e Coirego, disputado en catro campos nos que participaron un total de 10 cazadores, dispoñendo cada un deles dunha hora para amosar toda a sapiencia na modalidade en cuestión nunha xornada moi calUrosa e nun marco tan precioso cono agostado,  o que fixo que os concursantes non lle puidesen sacar todo o rendemento, todo o xugo venatorio coelleiro, aos citados tecores.

Da organización ocupouse a Federación Galega de Caza de Pontevedra que, xunto coas sociedades anfitrioas, tiñan todo a punto para que o torneo repetise éxito, comezando o exercicio ás 9 da mañá para rematar cerca das dúas da tarde. Tempo no que os 10 participantes poideran comprobar como a case trintena de cadelos, a pesar da calor,  levantaban un bo número de coellos para gozo dos donos, dos xuíces e dos mesmos cánidos. Da dirección do Campionato responsabilizouse  Rubén Saavedra quen cualificou o evento de “duro, pero satisfactorio”.

CLASIFICACIÓN

A clasificación nos primeiros postos quedou como sigue:

1º e Campión, Alfonso Rey Baulde (Sociedade “Rías Baixas” co lote de  beagles “Xouba”, “Clay”, “Trus” e “Trasno” (“Rías Baixas”). Fixo  496 puntos.

2º e Subcampión, Jaime López Castro (Sociedade “Río Ulla”), con “Pólvora”, “Mía”, “Pipa” e “Pulga” .  Fixo  472 puntos.

3º, Carlos Martínez Búa, (Sociedade Salnés-Ribadumia) cos podengos “Lula”, “Kapó”, “Barry”, y “Lord”, acadou 448 puntos.

Este tres cazadores serán os que formarán o equipo pontevedrés que defenderá as cores  no XXVIII Campionato Galego que terá lugar o seis de outubro en montes de Riveira (A Coruña). O can que máis puntuou do Campionato foi “Susi”, de Iván Aranguren.

Concluído o exercicio levouse a cabo o tradicional xantar de Clausura, sendo o seu remate cando se entregaron trofeos e agasallos, así como os correspondentes diplomas acreditativos aos participantes con mellor resultado. Tampouco faltaron os discursos nin as opinións. Estas por certo foron case unánimes: moito sacrificio de cazadores, xuíces e cans; boa organización e excelente ambiente e deportividade. Mentres o xuíz, Juan Ángel Alonso, opinaba que “a dureza do monte,  o moito calor e a sequedade do terreo marcou o traballo dos cans”.A pesar delo, a densidade de coellos foi considerada como “media-alta”.

 

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAMPIONATO XUNTA GALICIA ARCEAS
16/12/2024
O Autonómico de Caza de Arceas decidirase en Antas de Ulla

PROVINCIAL PONTEVEDRA ARCEA
16/12/2024
José Antonio Vasconcellos con “Azor” proclamouse campión provincial na Lama

PROVINCIAL LUGO CAZA ARCEAS
25/11/2024
Manuel Rodríguez coa setter “Huma do Yelsar” gañador en O Corgo

CAZA MENOR
04/11/2024
Alfonso García coa setter “Jara” proclamouse Campión Galego de Caza Menor en Portomarín


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza