Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
XABARIL NA TERRA CHÁ
O título nacional de xabaril marcha para Asturias da man de Emilio José Fernández con “Toñín”
16/07/2018

O podio co Campionato, rodeado da Selección Galega de Rastro de Xabaril

Nesta edición, a número XXVI, os galegos non foron profetas na súa terra e o título de Campión de España de Cans de Rastro Atraelados sobre Xabaril foi para a veciña Asturias despois de que o monteiro Emilio José Fernández Gómez co seu can mestizo de nome “Toñín” fixera unha extraordinaria prestación na fase final da proba nacional desputada no Tecor lucense de A Terra Chá. O galego mellor clasificado foi José Manuel Barreiro Rivadas con “Brisa de Soñar” acadando o sexto posto da clasificación final.

Os pasados días 13 e 14 de xullo tiña lugar no Tecor de A Terra Chá (Lugo) o Campionato Nacional de Xabaril baixo a organización da Real Federación Española de Caza e contando coa colaboración da Federación Galega de Caza, a Sociedade Deportiva de Cazadores de A Terra Chá e os concellos de Castro de Rei, Cospeito e Pastoriza así como diferentes patrocinadores e casas comerciais. Destacar o esforzo e implicación de toda a Directiva do Tecor e de xeito moi especial a de José Antonio Gutierrez Falcón.

O campionato comenzaba na tarde do venres día 13 coa recepción de participantes, entrega de documentación e sorteo de campos e dorsais. Acto este que se desenvolveu na Casa da Cultura do concello de Cospeito para despois dar paso a cea de benvida no restaurante Río Lea en Castro Riberas de Lea.

O plato forte chegaba o sábado 14 coa celebración do campionato, moitos nervos por parte dos participantes que non querían deixar pasar a ocasión de obter un bo resultado neste campionato nacional que se está a converter nunha das probas máis destacadas e con maior empuxe mediatico no calendario de competicións da RFEC.

Divididos en 2 terreos, campo A e B, os 35 participantes representantes das diferentes comunidades da cornisa cantábrica, na que esta modalidade de caza ten un maior arraigo, comenzaban a competir nun terreo moi homoxéneo pero baixo unhas temperaturas moi elevadas, feito este que fixo complexa o bo facer de cans e monteiros no rastro.

Unha vez rematada a fase clasificatoria, os 6 mellores cans e monteiros de cada campo accederían a fase final. Estes foron os 12 finalistas: 

  • Campo A: Mikel Iturralbe con “Bolo”, José Manuel Barreiro con “Brisa”, Julio Lucambio con “Maikel”, Asier Ortega con “Pumuki”, Gaizka Martín con “Morica” e Eduardo Sanmiguel con “Pinta”.
  • Campo B: Adolfo Posada con “Cale”, Fernando Campos con “Pluto”, Mikel Amoztegui con “Eder”, Gustavo Angulo con “Pako”, Ivan Fernández con “Richar” e Emilio José Fernández con “Toñín”.

Despois do taco campeiro procedíase á desputa da fase final. Unha final moi dura e de enorme dificultade pero que como informaba o Delegado Nacional de Rastro, José Montoiro, “Unha final dun campionato nacional ten que ser de enorme dificultade porque de ahí sairá o campión nacional”.

Celebrada a final os participantes, xuíces, organización e o numeroso público que se achegou  a ver o evento desfrutaron do xantar de clausura e entrega de premios e obsequios a todos os participantes despois de dar a coñecer a clasificación final que resultou como segue acontinuación:

  • 1º Emilio José Férnandez Gómez co can “Toñín” – 214,5 puntos – Asturias
  • 2º Gustavo Angulo Oyarzabal con “Pako” – 208 puntos – País Vasco
  • 3º Mikel Iturralde Barrenetxea con “Bolo” – 205,5 puntos – País Vasco
  • 4º Asier Ortega Fernández Villa con “Pumuki” – 198,5 puntos – Castela León
  • 5º Eduardo San Miguel Jimenez con “Pinta” – 197 puntos – Navarra
  • 6º José Manuel Barreiro Rivadas con “Brisa” – 176 puntos - Galicia
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAMPIONATO XUNTA GALICIA ARCEAS
16/12/2024
O Autonómico de Caza de Arceas decidirase en Antas de Ulla

PROVINCIAL PONTEVEDRA ARCEA
16/12/2024
José Antonio Vasconcellos con “Azor” proclamouse campión provincial na Lama

PROVINCIAL LUGO CAZA ARCEAS
25/11/2024
Manuel Rodríguez coa setter “Huma do Yelsar” gañador en O Corgo

CAZA MENOR
04/11/2024
Alfonso García coa setter “Jara” proclamouse Campión Galego de Caza Menor en Portomarín


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza