Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
PROVINCIAL PONTEVEDRA
Antonio Sánchez, con "Tito", gaña en Silleda o provincial de cans de rastro de xabaril
11/06/2018

Integrado en FECAP e responsabilizándose da organización a Federación Galega de Caza en Pontevedra, o  día 9 de xuño disputábase en montes de Parada, na faldra do Candán, o Campionato Provincial de Pontevedra de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril. Acontecemento venatorio “aberto”, clasificatorio para fase final desta modalidade e no que participaron  un total de 51 cadelos.

O exercicio comezou con certo atraso sobre da hora sinalada (9 h.) e rematou sobre das tres da tarde sen que practicamente a anunciada chuvia fixera acto de presenza para ben do espectáculo. O escenario competitivo cedido xentilmente pola sociedade de Caza e Pesca de Silleda, dividiuse na quenda preliminar en dous campos, competindo 26 cans no “1” e 25 no “2”, pasando a final os nove mellores de cada tramo.

A dirección levouna a cabo o federativo José Juan Martiño García e de xuíces actuaron os titulares: Ramón Collazo, de Lousame; Mario Dios, de Camariñas; Eduardo Casal ,de Antas de Ulla;  e Óscar Caamaño , de Mazaricos. Facendo como auxiliares, Marcos Fontenla, de Xeve, e Eduardo González, de Cotobade. Estes foron os mellores cans e condutores.

CLASIFICACIÓN PROVINCIAL

  • 1º e campión de Pontevedra, Antonio Sánchez Sesto, con “Tito” e 234,5 puntos.
  • 2º e subcampión, Francisco Rodeiro Eiras, con “Zeus” e 224 puntos
  • 3º, Sestelo Núñez, con “Pumuki” e 215 puntos.

Completan a selección pontevedresa que acudirá a Final Autonómica estes deportistas:

Lorenzo Ares, con “Michu”; Sánchez Sesto, con “Pinto”; Rodríguez Mariño, con “Toxo”; Sestelo Núñez, con “Beba”; Abalo Aragunde, con “Tin”; Estévez Rodríguez, con “Bachata” e Martínez Rey, con “Polca”.

XUVENÍS

  • 1º e campión, José Blanco Falcó, con “Nemi”
  • 2º e subcampión, Frank Abelleira Caramés, con “Terco”

CLASIFICACIÓN XERAL  

  • 1º e gañador da proba, José Quintela García, con “Clas” e 234,5 puntos
  • 2º e subcampión, Antonio Sánchez Sesto, con “Tito” e 234, 5 puntos
  • 3º, José Manuel Fernández Fernández, con “Pirulo” e 233 puntos.

Salientar por último, que 11 foron  os competidores que o fixeron por “libre”. Que a única muller participante foi a coruñesa, xa clasificada para a Final Galega de especialidade, Andrea Cores Cancela con  “Pistón”, acadando 199,5 puntos. No xantar de confraternidade e clausura que estivo liderado polo secretario xeral da Federación Galega de Caza, Ramón Rodríguez Cobas e o presidente federativo anfitrión, Paco Couselo. Asistindo tamén o Presidente e Secretaria  da Sociedade de Caza e Pesca de Silleda, Juan Agra e  Lorena Martínez, respectivamente e representantes da Semana Verde. Todo resultou fantástico e o noso agradecemento a Garda Rural da Sociedade de Caza e Pesca de Silleda, o madrileño Antonio Rodríguez Asensio, pola súa amabilidade, acompañándonos toda a mañá polo monte.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAMPIONATO XUNTA GALICIA ARCEAS
16/12/2024
O Autonómico de Caza de Arceas decidirase en Antas de Ulla

PROVINCIAL PONTEVEDRA ARCEA
16/12/2024
José Antonio Vasconcellos con “Azor” proclamouse campión provincial na Lama

PROVINCIAL LUGO CAZA ARCEAS
25/11/2024
Manuel Rodríguez coa setter “Huma do Yelsar” gañador en O Corgo

CAZA MENOR
04/11/2024
Alfonso García coa setter “Jara” proclamouse Campión Galego de Caza Menor en Portomarín


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza