Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
EN PORTOMARIN
A Festa dos cazadores lucenses
28/05/2018

Salvador Sestelo en Rastro de Xabaril; Antonio Costa e Víctor Manuel Villar en San Huberto e Springers; José Antonio Vasconcellos en Compak e Percorridos e Luís Méndez en Caza Práctica, foron os Campións das Probas desta vixésimo segunda edición da Festa da Caza de Lugo organizada pola Federación Galega de Caza en Lugo e desputada no concello de Portomarín.

A Festa, comezaba na xornada do sábado 26 de maio coa celebración da competición de Compak Sporting para rematar o domingo 27 coa desputa das disciplinas de Rastro de Xabaril, Cans de Parada, Percorridos de Caza e caza San Huberto e Springers; todo elo nos montes do Cristo e do Castelo situados no concello lucense de Portomarín. A diferencia do ocorrido na edición anterior, a boa climatoloxía aliouse con esta XXII edición facendo máis espectacular ainda esta Festa da Caza que contou cun éxito de participación.

No Campionato Provincial de Compak Sporting celebrado no campo de tiro eventual da Sociedade de Cazadores de San Nicolás, desputado a 50 pratos, os tiradores participantes tentaron escachar o maior número de pratos. Foi o tirador pontevedrés, José Antonio Vasconcellos Vicente, o que acadou o primeiro posto da Clasificación Xeral e primeiro na segunda categoría ao facer un rotundo pleno con 50 pratos escachados. O segundo posto era para o tirador de lucense, José María González Rodriguez que se convertía deste xeito no Campión Provincial e campión en Superveteranos. Xa na terceira posición desta edición remataba Vicente Insua López. En Handisport o primeiro posto era para Artemio Formoso. En Xuveniles impoñíase o tirador Alejandro Fernández Seco namentras que en Veteranos o gañador era Eliseo Faraldo Fernández.

O XXVIII Trofeo Cidade de Lugo de Caza Práctica desenrolouse no Monte Castelo, participando cans de Razas Británicas e Continentais. En Británicos foi “Jai do Estrume” de José Luís Méndez Tesouro o que acadaba o primeiro posto cunha calificación de 1ºMB. José María Carnota Ríos con “Berta” remataba en segunda posición con un 2ºMB. Cun Bo situábase en terceira posición “Bren” tamén de José María Carnota Ríos. En Continentales os cans participantes non acadaron calificación.

O Campionato Provincial de Percorridos de Caza celebrouse nos terreos da Sociedade de Cazadores de San Nicolás, disputado a un total de 100 pratos con moi diversos postos de tiro e traxectorias que encandilou os tiradores participantes. Foi, novamente, o tirador José Antonio Vasconcellos Vicente o que se impoñía nesta disciplina cunha destacada tirada ao facer 89 pratos, dous máis que o segundo clasificado, facéndose así co primeiro posto da Clasificación Xeral. O segundo posto era para o tirador lucense Constantino Vilar Rodríguez con 87 pratos e converténdose no novo Campión Provincial. Cristino Méndez Román obtiña a medalla de bronce e campión na categoría de Veteranos con 86 pratos. En Superveteranos impoñíase o tirador Ángel Mosquera. Artemio Formoso Barro en Handisport e Alejandro Fernández Seco en Xuveniles completaba o grupo de campións desta modalidade. 

Na modalidade de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril, disputábase unha edición máis do Campionato Provincial puntuable para a Copa Galicia e á que acudían preto de 30 cans. Na fase final impoñíase o monteiro pontevedrés Salvador Sestelo Núñez con “Beba” con 228 puntos. Na segunda posición remataba o lucense José Manuel Fernández Fernández con “Pirulo” converténdose deste xeito no novo Campión Provincial da especialidade con 223,5 puntos . Xa na terceira posición situábase o pontevedrés Álvaro Fontenla Filgueira con “Muchacha” e 219,5 puntos. A selección provincial que representará a Lugo no vindeiro campionato galego estará formada por: Mikel Otero (actual campión galego), José Manuel Fernández, Martín Martínez, José Quintela, Albano Pérez, José Luis Teijeiro, Iván Fernández, Rubén Chousa, Luis Otero e Cristián Rego.

Na XXII edición do Campionato Provincial de Caza San Huberto foi o cazador Antonio Costa López con “Guian do Alto Eume” o que se convertía no campión da proba e Campión Provincial namentras que Roberto Dopico Dopico con “Conga” era o segundo clasificado. O terceiro clasificado foi Corsino Valero Villar con “Kira”.

Na disciplina de Levantadores o primeiro posto da proba era para Víctor Manuel Villar Fernández con “Snow de Estrellas de Tebra”. Namentras que Diego Fernández López era o Campión Provincial con “Divo de Drakember”.  

Unha vez rematadas tódalas competicións, participantes, organización, público e autoridades gozaron dun xantar de irmandade na que se deron cita preto de 300 comensais

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAMPIONATO XUNTA GALICIA ARCEAS
16/12/2024
O Autonómico de Caza de Arceas decidirase en Antas de Ulla

PROVINCIAL PONTEVEDRA ARCEA
16/12/2024
José Antonio Vasconcellos con “Azor” proclamouse campión provincial na Lama

PROVINCIAL LUGO CAZA ARCEAS
25/11/2024
Manuel Rodríguez coa setter “Huma do Yelsar” gañador en O Corgo

CAZA MENOR
04/11/2024
Alfonso García coa setter “Jara” proclamouse Campión Galego de Caza Menor en Portomarín


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza