Campionato Provincial de A Coruña de Cans de Rastro Atraelados sobre Xabaril
Ata o concello coruñés de Camariñas desprazáronse na xornada do pasado sábado 19 de maio 17 monteiros con 18 cans para participar na fase provincial de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril organizado pola Federación Galega de Caza de A Coruña e contando coa colaboración da Sociedade de Cazadores do Tecor Cabo Villano.
Co termómetro acadando valores moi altos disputouse unha edición máis deste provincial do que o alto nivel dos participantes foi a nota predominante.
Foi o monteiro Gonzalo Rodeiro Louzao o que acadou o primeiro posto co seu mestizo “Rato” cun total de 222,5 puntos converténdose no novo campión provincial da especialidade. O monteiro Salvador Sestelo Núñez con “Pumuki” facíase co segundo posto da clasificación xeral con 197,5 puntos. Con 186,5 puntos o terceiro posto do podio era para José Manuel Barreiro Rivadas coa cadela de nome “Brisa”.
A selección provincial que representará A Coruña no vindeiro campionato autonómico da especialidade estará composta polos seguintes monteiros: Gonzalo Rodeiro, Jose Manuel Barreiro, Andrea Cores, Candido García, José Antonio González, Francisco Devesa, Julio Caruncho, José Luis Iglesias, Manuel Bujan, José Casas e o xuvenil Hugo Caruncho.