Vinte un participantes tomaban parte o pasado día 6 de maio no Campionato Provincial ourensá de Compak Sporting celebrado baixo a disciplina e organización da Federación Galega de Caza de Ourense en combinación cosa Sociedade de Tiro “A Goberna” de Beariz, que colaborou moi activamente nun torneo que se disputou envolvido nunha deportividade e camaradería exemplar.
De xuíces actuaron os titulares Rubén Martínez e Moisés Balboa. O exercicio desenvolveuse a 100 pratos, en dúas canchas e entre as 9 da mañá e as tres da tarde, sendo o nivel bastante bo e o ambiente moi deportivo. Estes foron os resultados:
Clasificación xeral
- 1º, Daniel Cebreiro / Coruña. 87 puntos
- 2º, Roberto Rodríguez Fernández. / Pontevedra, con 87
MELLORES DE OURENSE
- 1º e campión, Eliseo Faraldo con 79+24 pratos rachados.
- 2º e subcampión, José Manuel Fortes Lamas, con 79+23 dianas
- 3º, José Luís Saavedra, con 79+15 acertos.
Damas
- Mª de las Mercedes gañou en “Damas”, con 73 puntos
Xuvenís
- Lucas Otero Álvarez, con 56 pratos rachados.
Veteranos
- 1º, Antonio Castro Ferreiro, con 80 pratos
- 2º, Eliseo Faraldo Fernández, con 79
- 3º, José Manuel Fortes Lamas, tamén con 79 puntos.
Una ver rematada a tirada e no mesmo escenario competitivo procedeuse a entrega de trofeos e á clausura do Campionato contando coa presenza do Concelleiro de Beariz, José Balboa, así como a do Presidente, Antonio García e o tesoureiro, José Castro Rivela, da Federación Galega de Caza en Ourense.