Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
PUNTUABLE COPA GALICIA
René Vale gaña o I Campionato de San Huberto no Pino
02/05/2018

Revé Vale, José María Carnota e Manuel Taboada gañaron o pasado 29 de abril a primeira edición do Campionato de Caza de San Huberto que se disputou no concello de O Pino. A proba, organizada pola Asociación de Cazadores A Magdalena en colaboración coa Federación Galega de Caza en A Coruña, contou coa participación de 23 afecionados que durante toda a mañá participaron na proba celebrada na parroquia de Medín.

Cada un dos cazadores participantes na proba, puntuable para a Copa Galicia, dispuxo de vinte minutos para amosar a súa puntería e a sintonía co seu can para a caza de perdices. Este primeiro campionato de San Huberto celebrouse nos montes da parroquia de Medín, e unha vez rematada a xornada cinexética celebrouse un xantar no restaurante A Recta de Cobas, de Lardeiros, no que se entregaron os galardóns.

A xefa territorial na Coruña da Consellería de Medio Ambiente, Cristina Carrión, e Óscar Meijide, da Federación Galega de Caza da Coruña, xunto co alcalde do Pino, Manuel Taboada; e o presidente da Asociación de Cazadores A Magdalena, Antonio Suárez Iglesias, presidiron os actos. O director da proba foi Jesús María Rouco, e os xuíces foron designados polo Comité de Xuíces e Árbitros da Federación Galega de Caza.

A clasificación final quedou do seguinte xeito: René Vale García, co seu can Suaiper de Piago, con 82 puntos; José María Carnota Ríos, con Halcón de Reinadama, 60 puntos; Manuel Taboada Vigo, con Ken Serra do Argallo, 51 puntos.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAMPIONATO XUNTA GALICIA ARCEAS
16/12/2024
O Autonómico de Caza de Arceas decidirase en Antas de Ulla

PROVINCIAL PONTEVEDRA ARCEA
16/12/2024
José Antonio Vasconcellos con “Azor” proclamouse campión provincial na Lama

PROVINCIAL LUGO CAZA ARCEAS
25/11/2024
Manuel Rodríguez coa setter “Huma do Yelsar” gañador en O Corgo

CAZA MENOR
04/11/2024
Alfonso García coa setter “Jara” proclamouse Campión Galego de Caza Menor en Portomarín


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza