A Conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, e o Presidente da Federación Galega de Caza, Javier Nogueira, firmaban a pasada semana o protocolo de colaboración que compromete a esta entidade a colaborar coa Xunta de Galicia na prevención e defensa contra os incendios forestais, así como na vixilancia e detección dos mesmos.
Sendo un dos colectivos máis prexudicados pola lacra dos incendios, por ser usuarios habituais do monte, os cazadores galegos somos especialmente útiles na defensa e prevención dos incendios forestais, e podemos selo máis, xa que, entre outras moitas razóns, estamos organizados a través de sociedades de caza en tódolos municipios de Galicia, coñecemos especialmente o terreo, e dispoñemos de 10.000 emisoras con 25 radiofrecuencias propias que poden facilitar a comunicación entre nós. En definitiva, temos potencial para formar un auténtico exército de vixiantes-informadores durante a maior parte do ano.
Durante a vaga de lumes que golpeou Galicia o pasado mes de outubro de 2017, a Federación Galega de Caza levou a cabo varias actuacións, entre as que destacan a elaboración dun protocolo de actuación ante os lumes que se difundiu entre tódalas sociedades de caza e a través dos distintos canles de comunicación da FGC
Coa firma deste protocolo, a Federación Galega de Caza quere poñer en valor unha vez máis ante a sociedade aos cazadores galegos como un dos colectivos máis preocupados por conservar o monte, o seu principal patrimonio.